Imprimir

ESTE FIN DE SEMANA CELÉBRASE UN MARATÓN DE 10 HORAS DE TIRO CON ARCO AO AIRE LIBRE


10/8/2012

Dende a Concellería de Deportes infórmase que mañá sábado 11 de agosto de 2012 o CD Arco Muralla celebrará a terceira edición deste maratón de 10 horas de duración de tiro con arco ao aire libre, no que participarán equipos de toda Galicia.

O torneo, que comezará ás 10:00 horas, desenvolverase ao longo da xornada no campo de fútbol de O Ceao, onde os equipos tirarán a 70, 50, 30 e 18 metros de distancia, completando todas as roldas que se poidan realizar nesas 10 horas de competición.

Os equipos, compostos por un mínimo de 3 e un máximo de 7 deportistas, poderán ser de arco recurvo, composto ou tradicional, compensándose a puntuación en función da modalidade á que pertenza o arqueiro ou arqueira. Tiraranse 36 frechas a cada distancia.

Para a organización desta competición, o CD Arco Muralla conta coa colaboración do Excmo. Concello de Lugo e da Excma. Deputación Provincial de Lugo