Cargando....
Concello de Lugo
12/07/20
NOVAS
Escoita esta páxina

Ana G. Abelleira informou que o Concello vai seguir apostando polos servizos sociais en vista dos recortes do Estado e da Xunta en dependencia


# Martes, 14/08/2012
A Concelleira manifestou a súa preocupación pola situación na que van quedar máis de 36.000 persoas dependentes en todo Galicia

Imaxe Asociada

Destacou que coas novas normativas se crearon incompatibilidades de prestacións por exemplo entre os centros de día e a axuda no fogar

A Concelleira de Servizos Sociais, Ana González Abelleira, informou da preocupación do Concello de Lugo en referencia aos recortes que levan a cabo tanto o Goberno Central como a Xunta de Galicia en materia de servizos sociais. Así, destacou as importantes modificación que se van suscitar coa aplicación do Decreto aprobado o 13 de xullo para garantir a estabilidade e a competitividade económica.

Ana González manifestou que “para as persoas dependentes supón un ataque brutal a un sistema que funciona con éxito e que mellora a calidade de vida dos dependentes ademais de que non nós dá marxe para obrar”. Neste sentido, dende o Concello de Lugo “vaise intentar paliar esta falta de atencións para que as consecuencias nos dependentes sexan menos graves e imos seguir apostando polos servizos sociais” segundo incidiu a Concelleira. Ademais lembrou que no Concello de Lugo se aposta polas persoas maiores e así o demostran os máis de 1 millón de euros presupostados para centros de día “xa que para nós é unha inversión e non como para os gobernos do PP”, ou o 1,5 millóns de euros que se destinan anualmente aos servizos de atención a domicilio e xantar no fogar.

Coa entrada en vigor deste novo decreto crearase un situación de desamparo e marxinación para os dependentes, segundo González Abelleira, e que enumerou. A primeira delas é que aumenta a achega económica dos dependentes e diminúen as axudas nun 15% o que conlevou que a responsable de servizos sociais se pregunte “como van facer as persoas dependentes que non teñen pensións altas para poder seguir recibindo atencións?”.

A segunda consecuencia é un empeoramento da atención porque diminúe a intensidade do servizo e en moitos casos fainos incompatibles entre eles. Así, se un dependente ten concedida unha axuda no fogar ademais dunhas horas nun centro de día, co novo decreto que as fai incompatibles, deberán escoller un dos dous servizos.
Tamén se suspende a retroactividade de aquelas persoas dependentes que teñen recoñecida a dependencia e que aínda non cobraran a prestación e coa aplicación deste decreto poderán non cobrar a axuda ata dentro de 8 anos.

Unha cuarta consecuencia é que os coidadores informais, que veñen sendo familiares, quedan excluídos literalmente do sistema de dependencia. “Estamos a falar de 15.000 persoas en Galicia que van perder os seus postos de traballo que tiñan recoñecidos grazas á Lei de Dependencia, e só lles quedará dúas opcións ou ir ao paro ou costear a súa cotización social como se fosen empresarios” segundo manifestou Ana G. Abelleira. Ademais destacou que o perfil destes coidadores é o dunha muller entre 40 e 50 anos e da zona rural.

Outra das novidades é que o Estado reduce nun 13% as achegas ás comunidades autónomas co que iso cconleva para os concellos, é dicir , “xa non chega con quitarlle aos dependentes as súas prestacións, xa non chega con eliminar do sistema aos coidadores, senón que tamén hai que reducir nas axudas que nos dan as comunidades para prestar o servizo o que vai levar a que os dependentes queden sen atención de ningún tipo” así o definiu a responsable de servizos sociais do Concello. “Pero que nos expliquen onde van meter os 300 millóns de euros que din que se van aforrar? Porque en servizos sociais non os reinvisten” declarou Ana G. Abelleira.


Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova