Cargando....
Concello de Lugo
11/07/20
NOVAS
Escoita esta páxina

López Orozco presentou unha nova edición da revista Alborada editada polo Centro Galego de Barcelona


# Venres, 17/08/2012
No acto tamén se deu a coñecer o libro Os nosos devanceiros: Quiroga, Ribas do Sil e o O Courel editado tamén en Barcelona

Imaxe Asociada Imaxe Asociada

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, acompañado por Luis Lamas, presidente da Federación de Entidades Culturais Galegas de Cataluña, e os autores de ambas publicacións, Manuel Carrete, presidente do Centro Galego de Barcelona, e Xesús Río, párroco do Courel e Quiroga presentaron o libro Os nosos devanceiros: Quiroga, Ribas do Sil e o O Courel e un novo número da revista Alborada.

López Orozco destacou que “ é de admirar todo o traballo que desenvolvedes só hai que ver como estando lonxe da terra loitades e traballades por ela, e grazas a iso moitas veces sodes vós os que nos facedes ver a necesidade de amar esta terra e de darnos conta do que temos aquí”.

A revista Alborada é a revista decana da emigración galega en Europa que se leva editando ininterrompidamente dende o ano 1948. Entre os seus articulistas destacaron persoeiros como Vicente Quiroga, Francisco del Riego, Ánxel Fole, Uxío Novoneyra, Otero Pedrayo ou Ramón Piñeiro.

No acto, Manoel Carrete, con motivo da celebración do 120 aniversario do Centro Galego de Barcelona, fíxolle entrega ao Alcalde dun poema orixinal enmarcado que o poeta Manuel Casado Nieto lle dirixiu ao escritor Otero Pedrayo con motivo do seu 80 aniversario.

O libro Os nosos devanceiros: Quiroga, Ribas do Sil e o O Courel é unha recopilación de 160 páxinas de fotografías en branco e negro da vida cotiá na montaña lucense e recopiladas por moitos dos veciños e veciñas que se atopan emigrados. Manoel Carrete destacou que se fixo co apoio da emigración lucenses en Barcelona e que aportaron fotos dende todas as partes do mundo.

Pola súa parte, o párroco Xesús Rió, explicou que con este tipo de accións “o que se intenta é recuperar a dignidade e a historia de moitas das parroquias que hoxe en día xa están deshabitadas”. No libro pódense ver máis de 250 fotografías de labores do campo, oficios, festas e incluso a transformación do medio ao longo de varias décadas.


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova