Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Este domingo celébrase a XXIV edición do Triatlón do Miño


# Mércores, 22/08/2012
Nesta edición daranse cita preto de 300 triatletas na Área Recreativa de Os Robles 

Imaxe Asociada
O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, o Deputado Provincial, Mario Outeiro, e un representante da organización, Miguel Hernández, presentaron hoxe a XXIV edición Triatlón do Miño que terá lugar o vindeiro domingo 26 de agosto na Área Recreativa de Os Robles, organizada pola agrupación deportiva FeFeMe, Federación Galega de Triatlón, Lodeco S.L. e Club Triatlón Cidade de Lugo Fluvial, en colaboración coa Área de Deportes do Concello de Lugo.

Grandío calificou o Triatlón como “unha proba deportiva cunha organización complexa, que ano a ano en Lugo colle forza e que se organiza con bastantes garantías de que non haxa incidentes”.

Esta será a proba final do Campionato galego de Traiatlón no que participarán entorno a 300 triatletas de todas as idades e na que haberá 4 saídas. Na primeira, unha proba popular para deportistas non federados e alevíns e benxamins, a partir das 10 da mañá. As 11 horas, será a saída da proba feminina, na que participarán 30 rapazas, cunha distancia spring, 750 metros de natación, 20 Km sobre a bici e 5 Km de carreira a pé. Ás 12.30 horas será a saída masculina, e por último ás 12.30 horas a da competición masculina dos mellores deportistas galegos, na que participan 60 homes, polo tanto o final da competición xira en torno ás 13.30 horas.

Pola súa banda, Miguel Fernández explicou que a natación será na Área Recreativa dos Robles, onde estará situada a transición, o ciclismo será un circuito a tres voltas polo Paseo do Ombreiro dende os Robles ata a estación elevadora, e a carreira a pé discorrerá polo Paseo Fluvial dende Os Robles ata a fábrica de luz.

A recollida de dorsais será na carpa nas inmediacións dos boxes en Os Robles dende as 09.00 horas ata as 09.45 horas mentras que a dotación de premios será as 14.00 horas. Ós tres primeiros clasificados ou clasificadas de cada categoría outorgaráselles un trofeo mentras que nas probas femenina e masculina B os premios económicos serán de 150 euros, 100 euros e 50 euros respectivamente e os primeiros clubs 100 euros.

Na proba popular, a categoría infantil, cadete, junior, sub-23, absoluta e veterán, deberán recoller os dorsais na carpa da organización o propio domingo de 08.30 a 09.30 horas. Os premios ofertados para esta proba son trofeos para os tres primeiros de cada categoría e un agasallo conmemorativo da proba para todos os que rematen dita proba. 


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova