Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Esther Muñóz informou do inicio de obras de mantementos nos colexios da cidade grazas ao Plan de Emprego Local


# Xoves, 23/08/2012
A Concelleira de Educación explicou que os traballadores que se contraten levarán a cabo ditas tarefas ao longo dos cinco meses que dura o contrato

Imaxe Asociada

A Concelleira de Educación, Formación e Orientación Laboral, Esther Muñóz, informou esta mañá das actividades que se van levar a cabo na súa área dentro do Plan de Emprego Local posto en marcha polo Concello de Lugo para o fomento do emprego e en substitución do Plan Piles e que comezarán a primeiros de setembro.

Desta maneira, a empresa adxudicataria, que tiña a obriga de contratar a 3 traballadores en situación de desemprego e manter a un da propia plantilla, encargarase do mantemento e reparación dos 14 colexios infantís e as catro escolas municipais de Lugo. A responsable da área de Educación, explicou que “grazas a este plan imos poder realizar máis obras de mantemento e mellorar, aínda máis, as instalacións escolares”. Neste sentido informou que as tarefas a realizar serán as de pequenas reparacións en canelóns, arranxos de albanelería como azulexos ou baldosas, reparación de cristais, e “pequenas obras do día a día que xorden en todos os centros escolares.

Esther Muñóz destacou que “ con esta iniciativa estamos dando a oportunidade de manter un traballo e crear 3 novos postos durante cinco meses e para o que, o Concello, fai un enorme traballo para poder levar a cabo estas actuacións a pesares de non ter competencias”.

O Plan de Emprego ten un investimento total de 300.000 euros procedentes en exclusiva do Presuposto municipal, e a través do cal o Concello garante máis de 25 postos de traballo, 15 deles para parados de longa duración.

As empresas adxudicatarias ocuparanse, durante cinco meses, do mantemento de instalacións educativas, de rúas, zonas verdes e instalacións deportivas, así como de labores de desbroce na zona rural. O Concello de Lugo decide volver a ser un entidade innovadora e pioneira na loita contra o desemprego creando un plan experimental para o fomento do emprego.


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova