Cargando....
Concello de Lugo
28/01/23
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concelleiro de Deportes anuncia a construción dun circuíto de full cross grazas ás contratacións do Plan de Emprego Local


# Venres, 24/08/2012
Díaz Grandío tamén explicou que levarán a cabo o mantemento dos campos de fútbol e doutras instalacións deportivas

Imaxe Asociada

O Concelleiro de Deportes, Jose Manuel Diaz Grandio, anunciou esta mañá a construción dun circuíto de full cross para bicicletas todo terreo de 7.300 metros cadrados. Esta nova instalación deportiva situarase nunha parcela municipal próxima ao centro comercial de As Termas.

Díaz Grandío explicou que “se vai acondicionar unha parcela para full cross na que van traballar as persoas contratadas a través do Plan de Emprego Local polo que se axilizará o comezo e remate das mesmas”. Neste sentido tamén explicou que con eses 60.000 euros se permitirá a contratación de 3 desempregados e un técnico da plantilla da empresa adxudicataria durante 5 meses para realizar tarefas de mantemento nun entorno duns 100.000 metros cadrados, dos que 50.000 corresponden a campos de herba artificial, 30.000 a campos de herba natural e o resto noutros espazos deportivos que tamén precisen da súa intervención.

O Plan de Emprego ten un investimento total de 300.000 euros procedentes en exclusiva do Presuposto municipal, e a través do cal o Concello garante máis de 25 postos de traballo, 15 deles para parados de longa duración.

As empresas adxudicatarias ocuparanse, durante cinco meses, do mantemento de instalacións educativas, de rúas, zonas verdes e instalacións deportivas, así como de labores de desbroce na zona rural. O Concello de Lugo decide volver a ser un entidade innovadora e pioneira na loita contra o desemprego creando un plan experimental para o fomento do emprego.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova