Cargando....
Concello de Lugo
18/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello asina a cesión dun aula coa Fundación Secretariado Xitano para a organización dun curso de xardinería


# Martes, 28/08/2012


Imaxe Asociada

A Concelleira de Educación, Formación e Orientación Laboral, Esther Muñoz, asinou hoxe un acordo coa Directora Territorial da Fundación Secretariado Xitano en Lugo, Eva Vera, para colaborar na organización dun curso de mantemento de xardíns e zonas verdes.

O acordo enmárcase dentro da colaboración que mantén o Concello de Lugo con todas as asociacións e entidades que traballan polo emprego e a formación de persoas que teñen especiais dificultades para o acceso ó mercado laboral.

Esther Muñoz salientou que “a mellor maneira para que exista unha integración social total é a través da integración laboral das persoas, por iso, apoiamos e prestamos axuda a este tipo de asociacións que buscan a integración en todo o que precisen”. Ademais explicou que o Concello de Lugo ten como un dos seus obxectivos prioritarios a procura da inserción social e laboral de todos os cidadáns e é por iso que, desde hai tempo, ven poñendo en marcha distintos proxectos para favorecer a inserción laboral, ademais de colaborar con asociacións e entidades sociais que traballan pola mellora das oportunidades para as persoas que máis o necesitan.

No caso do acordo asinado hoxe, a Concellería de Educación facilitará o uso dunha aula no Espazo>Lab, o Centro de Orientación Laboral do Concello de Lugo, para impartir un curso de mantemento de xardíns.

O curso, de 50 horas teóricas e prácticas, enmárcase nas axudas para o desenvolvemento de accións formativas en materia agroforestal para entidades de iniciativa social. As clases impartiranse os días 3 e 4 de setembro, en horario de 16.00 a 21:00.

A Fundación Secretariado Xitano é unha entidade social cuxo fin é favorecer o acceso da poboación xitana á formación e ó emprego. Desde decembro de 2003, esta entidade colabora co Concello de Lugo no desenvolvemento do Programa de Emprego “Acceder”.

www.lugo.es/espazolab



Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova