Cargando....
Concello de Lugo
18/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo apoia ao pequeno comercio informando favorablemente para a celebración da III Feira de Oportunidades


# Martes, 28/08/2012
Esta decisión tomouse na Mesa Local de Comercio celebrada esta mañá e na que se escolleu o mes de outubro para levar a cabo esta terceira edición

Sonia Méndez tamén informou aos comerciantes que aínda poden solicitar as axudas do Plan Urban para a mellora dos locais

A Concelleira de Economía, Emprendemento e Autónomos, Sonia Méndez, presidiu esta mañá a reunión que mantivo a Mesa Local de Comercio e na que se aprobou por unanimidade a celebración da III Feira de Oportunidades de Lugo para o mes de outubro e que organiza a Asociación de Mulleres Autónomas.

Por outro lado, Sonia Méndez, lembrou que todos os comerciantes e locais de hostalería aínda poden solicitar as axudas que ofrece o Plan Urban para a mellora dos locais e animou “a todos os que queiran emprender unha actividade económica a que se informen sobre estas axudas que cobren o 50% da inversión total”.

Esta liña de subvención do Plan Urban inclúen axudas económicas para a mellora de fachadas, de escaparates, rótulos e para a instalación de novas terrazas, todas elas medidas que axudan a dinamizar a vida do centro histórico. Sonia Méndez explicou que tamén existe outra liña de axudas dirixidas á creación de novos establecementos e que “grazas a elas creáronse 9 comercios creando un total de 15 novos postos de traballo”. O Concello de Lugo, a través do Plan Urban, leva investido un total de 250.000 euros en axudas ao pequeno comercio e hostalería co fin de mellorar a imaxe das rúas da cidade.

www.lugo.es/urban

 


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova