Cargando....
Concello de Lugo
01/06/20
NOVAS
Escoita esta páxina

A Xunta de Goberno Local aprobou a redacción do proxecto para continuar coa mellora do sistema de abastecemento da cidade


# Mércores, 29/08/2012
O Concello situará nas parcelas que hai sen edificar por detrás do Cuartel de Garabolos as caravanas dos feirantes que acudan ao San Froilán

Imaxe Asociada
Na rolda de prensa posterior á Xunta de Goberno Local, o Concelleiro de Urbanismo, Luis Álvarez, explicou que o principal acordo foi a aprobación dun novo convenio coa Sociedade Estatal Augas da Conca do Norte S.A.- AcuaNorte- para a ampliación do sistema de abastecemento de auga da cidade de Lugo.

Luis Álvarez salientou que se trata do convenio para a redacción do proxecto e do que “o Concello de Lugo só se fai cargo do 20% do presuposto total dunhas obras que suporán unha mellora considerable na rede de abastecemento de auga para os veciños”. Así, o presuposto de redacción do proxecto é de 300.000 euros divididos en dúas anualidades correspondentes co ano 2012 e 2013, dos que o Concello de Lugo se fai cargo do 20%, e AcuaNorte do 80% restante, unha parte con fondos FEDER e outro con fondos propios.

O proxecto que se vai redactar é para a construción de conducións de auga potable entre Marcelle-Ceao-Gándaras, HULA e estrada de Fonsagrada; para a construción dunha tubería de abastecemento para a marxe dereita do Miño dende os depósitos de Peñarrubia ata a antiga estrada de Santiago e finalmente para estudar a posibilidade de subministrar redes de auga potable para a zona rural.

O responsable de Urbanismo explicou que “a idea é pechar un anel entorno a cidade co cal se permite, que en caso de que exista algún tipo de problema na rede, garantir a continuidade do subministro”. Trátase dunha actuación importante que vai a complementar o esforzo que realiza o Concello para a mellora de todas as instalacións relativas ao ciclo da auga do municipio.

Cambios no San Froilán deste ano

Pola súa banda, a concelleira nacionalista Paz Abraira informou dun cambio que afecta á planificación do San Froilán deste ano. Segundo explicou, o Concello de Lugo situará este ano as caravanas dos feirantes que acuden ao San Froilán en Garabolos e non en San Fiz, como se viña facendo nos últimos anos.

Segundo explicou a responsable de Infraestruturas, o cambio vén motivado por dúas razóns: por un lado porque na zona de Garabolos onde se van instalar non hai vivendas próximas, polo que as molestias para veciños e residentes serán menores; e por outro lado por un menor custe de conexión eléctrica.

Na nova ubicación, por detrás do Cuartel de Garabolos, na Unidade de Actuación N-1 e N-2, pode instalarse unha infraestrutura eléctrica semi-permanente que poida ser empregada durante varios anos, explicou Paz Abraira, co que se conseguirá un aforro económico duns 12.000 euros cada ano. Segundo detallou, na Xunta de Compras do pasado venres xa foi adxudicada a montaxe da infraestrutura eléctrica necesaria para dar servizo de conexión eléctrica ás caravanas que alí se van instalar, por un importe de 28.000 euros, cando o custo desa instalación en San Fiz en anos anteriores foi duns 40.000 euros. A nova ubicación conta xa coa autorización de Xestur, propietaria dos terreos.


Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova