Cargando....
Concello de Lugo
21/10/20
NOVAS
Escoita esta páxina

Sonia Méndez indicou que neste primeiro semestre do ano os ingresos superan en case 13 millóns aos gastos


# Xoves, 30/08/2012
A Concelleira de Economía informou na Comisión de Contas sobre a execución presupostaria do 2º trimestres do ano 2012 con resultados positivos

Imaxe Asociada

A Concelleira de Economía, Emprendemento e Autónomos, Sonia Méndez, deu a coñecer esta mañá os datos positivos da execución orzamentaria do segundo trimestre do ano e que se presentou na Comisión de Contas. “Os datos que temos son similares tanto en ingresos como en gastos aos do ano pasado o que indica que a evolución do orzamento vai tender a pechar o exercicio do 2012 con superávit igual que no 2011, se non se producen máis incidencias do normal” segundo manifestou Méndez.

Os datos presentados son 47 millóns de euros en canto a ingresos do Concello e as obrigas recoñecidas, os gastos, ascenden a 34 millóns, polo que, esta extrapolación que se fai, tendo en conta que os orzamentos se pechan o 31 de decembro, e non como a Xunta de Galicia que o fai tres meses antes, os datos que se obteñen permiten ser moi positivos en canto aos resultados anuais. Neste sentido, a responsable da área económica, manifestou que “son diferentes formas de xestionar e estes datos demostran que os orzamentos se fixeron de maneira prudente e rigorosa e vanse cumprindo as previsións” ademais indicou que “o globo do que tanto falaron os do PP desínflase coas constantes meteduras de para xa que manifestaron que se inflaban os orzamentos e estes datos din todo o contrario”.

Na materia de ingresos, a Concelleira de Economía, destacou que o índice de recadación está no 91% “o que significa que as familias lucenses pagan os seus impostos puntualmente a pesares da situación económica”. Seguindo nesta liña manifestou que “o que nos descadra os orzamentos é a importante débeda tributaria que a Xunta de Feijóo ten co noso concello, xa que nos deben 1.900.000 euros”. Sonia Méndez explicou que esta débeda xa pasou a vía executiva e, por primeira vez, dáse o caso de que o 10% dos deudores corresponden con organismos públicos da Xunta de Galicia, como son o IGVS, Xestur e a Consellería de Sanidade, “polo que Feijóo non debe presumir da solvencia de Galicia cando aquí ten unha débeda de case 2 millóns de euros.”

Información ao PP
A Concelleira de Economía tamén fixo público que hai 15 días que o servizo de Intervención chamou ao Grupo Municipal do PP para que se achegasen a coñecer cales son as condicións para acceder ao modelo 347 que ten altas medidas de protección de datos.

“Considero que deben rectificarse por unhas manifestacións esaxeradas con ameazas de inhabilitación por non ter acceso a ese documento e agora que xa se lles comunicou que poden examinalo non comparece ningún o que significa que despois do numero que montaron non teñen nin o máis mínimo interese nel” segundo aclarou Sonia Méndez. Tamén lembrou que “se fose ao revés, o PP non nos ía proporcionar ningún tipo de facilidades como fan na Xunta de Galicia”.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova