Cargando....
Concello de Lugo
15/09/19
NOVAS
Escoita esta páxina

O próximo martes os comercios da cidade sacarán á rúa os seus produtos dentro do Street Market


# Venres, 31/08/2012
Carmen Basadre salientou a importancia de apoiar ao pequeno comercio da cidade con iniciativas tan novidosas como esta organizada pola Asociación de Autónomas de Lugo

Imaxe Asociada
A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Xuventude, Carmen Basadre, a Deputada Provincial, Regina Polin, e a a Presidenta da Asociación de Autónomas, Nora Real, presentaron esta mañá a primeira edición do Street Market ou mercado na rúa que se celebra na cidade. Trátase dunha feira na que o comercio da cidade sairá ás rúas coa súa mercadoría con descontos entre o 50 e 80%.

Así, Carmen Basadre, destacou que esta iniciativa “servira para impulsar o comercio xa que a xente achegarase a Lugo para mercar nos establecementos da cidade onde se ofrecen ademais de calidade unha boa atención.” Por outra parte, Nora Real manifestou que “con esta iniciativa gañamos todos, por un lado os comerciantes que dan saída as súas mercadorías e, por outro lado, o consumidor que atopará oportunidades exclusivas”.

Nesta iniciativa participan preto de 50 establecementos de diversa índole que ofrecerán importantes descontos aos que se acheguen, así terán oportunidade de adquirir téxtil, complementos, zapatos, lencería, ou xoias. Os establecementos situados a maioría no centro histórico da cidade identificaranse por unha mesa laranxa na entrada do local e estarán abertos durante todo o día.


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova