Cargando....
Concello de Lugo
28/01/23
NOVAS
Escoita esta páxina

A Escola Municipal de Xadrez agarda chegar aos 150 inscritos durante este curso


# Venres, 31/08/2012
Así o recoñeceron os Concelleiros de Educación e Deporte e o Presidente da Escola Luguesa de Xadrez que presentaron numerosas actividades

Imaxe Asociada
O prazo de inscrición estará aberto dende mañá ata finais de mes e as clases empezarán en outubro


Os Concelleiros de Educación, Esther Muñoz, e Deporte, José Manuel Díaz Grandío, presentaron hoxe a Escola Municipal de Xadrez, nun acto no que tamén participou Pablo Castro, Presidente da Escola Luguesa de Xadrez. A través da campaña E ti que fas? Eu xogo ao xadrez preténdese iniciar neste deporte tanto a nenos como maiores da cidade e para o que cederon a súa imaxe Quique Setien, entrenador do CD Lugo,
Jorge Mira, presentador de TVG e Catedrático de Física da Universidade de Santiago,
Iván Salgado, Campión Iberoamericano de Xadrez e Wafai Sarhani, alumna da Escola Luguesa.

Como preámbulo ó comezo da Escola Municipal de Xadrez durante o mes de setembro celebraranse diversas actividades que tratan de contribuír á divulgación e promoción do xogo do xadrez entre os veciños da cidade. Así, de luns a venres en horario de 17 a 20 horas poderanse poderanse xogar partidas de xadrez na Praza Maior. Por outro lado, os días 22, 23 e 24 de setembro na nave das asociacións en Frigsa, terá lugar o II Torneo Scacorum sub 2200 que é válido para o FIDE e onde se repartirán máis de 1200 euros en premios.

Unha das actividades deste ano, é que se ofertará a todos os colexios públicos da cidade a posibilidade de realizar o programa Xaque nas Aulas no propio centro de estudos. Este é un programa de xadrez no que se dan clases a alumnos de 3º e 4º de primaria durante tres horas á semana en horario escolar.

A mediados de setembro está prevista a participación de Quique Setién e Wafai Sarhani, nunha actividade que terá lugar na praza Maior na que xogarán partidas simultáneas contra os lucenses que o desexen. Xogarán tres simultáneas e en cada unha delas participarán catro xogadores. Esta é unha iniciativa que pretende fomentar o xadrez en Lugo, dar a coñecer a Escola Municipal de Xadrez e tamén crear alternativas lúdicas nas principais prazas da cidade.

Este ano tamén se levará a cabo a exhibición de xadrez subacuático, na piscina cuberta de Frigsa na que os participantes xogarán partidas por parellas no xadrez xigante que estará situado debaixo da auga e terán que dar relevos co seu compañeiro que se atopara a poucos metros do taboleiro. Cada parella disporá de 12 minutos para toda a partida.

A Escola Municipal de Xadrez forma parte das Escolas Deportivas que organiza o Concellería de Deportes e conta co apoio da Concellería de Educación. Tanto Esther Muñoz como José Manuel Díaz Grandío manifestaron a decisión do Concello de seguir apostando pola ensinanza do xadrez e lembraron que se trata dunha actividade xa consolidada no noso concello.

O prazo de inscrición para tomar parte na Escola Municipal de Xadrez estará aberto dende mañá ata finais de mes e o curso terá lugar dende outubro ata maio do ano que vén. O custe da matrícula é de 20 euros e o prezo é de 10 euros ó mes. Para as persoas que non teñen recursos económicos hai un programa de bolsas.


Escoitar audio:
Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova