Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Mañá publícanse as listas das bolsas para material escolar de educación infantil que concede o Concello


# Luns, 03/09/2012
 

Mañá, martes 4 de setembro, publicaranse as listas de solicitantes de axudas para material escolar de educación infantil para o curso escolar 2012-2013, segundo informa a Concellería de Educación.

As listas publicaranse no taboleiro de editos das oficinas municipais e na Concellería de Educación (Centro de Convivencia Uxío Novoneyra, 3ª planta). Os interesados tamén poderán consultar se lles foi concedida a axuda ou non a través do teléfono de atención cidadán 010.

As persoas que se beneficien das axudas deberán presentar na Concellería de Educación o DNI orixinal do solicitante e unha certificación expedida polo centro educativo no que deben constar os seguintes datos: centro educativo, nivel e curso no que está matriculado para o curso 2012-2013 o alumno ou alumna que recibirá a axuda.

O prazo para a presentación desta educación é durante o mes de setembro.

Unha vez presentada a certificación, o solicitante da axuda recibirá un vale para canxear por material educativo nas librerías por un importe igual ó da axuda concedida.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova