Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O I Encontro sendeirista "Lucus a pé" percorrerá o día 16 de setembro os principais atractivos naturais e culturais do concello


# Luns, 03/09/2012
Máis de 300 persoas daranse cita nesta iniciativa organizada pola Sociedade Micolóxica Lucus coa colaboración da Concellería de Cultura e a área de Cultura da Deputación

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada

Os participantes visitarán pola tarde os distintos museos municipais


Máis de 300 persoas participarán o domingo 16 de setembro no primeiro Encontro sendeirista Lucus a pé, que percorrerá os principais atractivos naturais e culturais do Concello de Lugo. Na presentación esta mañá no Concello desta iniciativa, o tenente alcalde e concelleiro de Cultura, o nacionalista Antón Bao, animou aos lucenses a participar nesta camiñata, que percorrerá 18,3 quilómetros pola cidade de Lugo e os seus arredores.

Este primeiro encontro sendeirista, organizado pola Sociedade Micolóxica Lucus co apoio da Concellería de Cultura e da área de Cultura de Deputación, traerá á cidade de Lugo a asociacións de sendeirismo de toda a provincia, segundo explicou o presidente da Sociedade Micolóxica, Julián Alonso Díaz, que dixo que, pese a ser o primeiro ano que se organiza este encontro, neste momento xa hai máis de 100 persoas inscritas.

Os participantes sairán da Praza Maior ás 10 da mañá e percorrerán algúns dos principais atractivos naturais e culturais de Lugo (piscina romana de Santa María, Muralla, paseos do Miño e o Rato, Camiño Primitivo). O avituallamento estará situado á altura da ponte romana. Pola tarde, os participantes visitarán os museos municipais e o Centro de Interpretación da Muralla.

O I Encontro sendeirista e cultural Lucus a pé é un evento totalmente novidoso na cidade de Lugo cuxo obxectivo fundamental é achegar e difundir os valores culturais e paisaxísticos da cidade de Lugo e o seu ámbito a través do sendeirismo, organizado pola Sociedade Micolóxica Lucus, unha asociación sen ánimo de lucro que dende hai máis de 10 anos é un referente na organización de eventos no ámbito da micoloxía e a natureza na cidade de Lugo.

18,3 quilómetros dunha dificultade baixa

O Lucus a pé comezará ás 10 da mañá coa reunión e recepción dos participantes na Praza Maior onde se lles dará a benvida por parte dos organizadores e as autoridades públicas colaboradoras, amenizando o acto con música tradicional galega. Iniciarase a ruta pasando pola Piscina Romana de Santa María e pola Catedral, ata chegar á Muralla Romana pola porta de Santiago onde os participantes serán interceptados por unha comitiva de lexionarios romanos (acto de recreación histórica desenvolvido pola Asociación Terra Cópora) que farán entrega de un salvoconduto para continuar camiñando pola cidade.

Continuará a marcha polo adarve da Muralla ata saír da cidade cara ao paseo do Río Rato e posteriormente ao paseo do Río Miño percorrendo parte do mesmo polas súas dúas beiras, pasando a carón da ponte e termas romanas e atravesando as magnificas paraxes, carballeiras e bosques de ribeira que nos ofrece o Miño ao seu paso por Lugo. O percorrido concluirá no espazo verde fronte ao Pazo de Feiras e Congresos onde terá lugar a comida de campo a base de produtos de Lugo, tamén amenizada polo son das gaitas.

A inscrición é gratuíta para asociacións e de dous euros para persoas a título individual con dereito a xantar e libre e gratuíta para aquelas persoas que leven a súa comida. As inscricións poden formalizarse a través da páxina web www.smlucus.org/lucusape.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova