Imprimir

ATA O DÍA 10 DE SETEMBRO ESTÁ EXPOSTO Ó PÚBLICO O CENSO ELECTORAL PARA VOTAR NAS ELECCIÓNS AUTONÓMICAS DO 21 DE OUTUBRO


4/9/2012 O censo pódese consultar de 9 a 14 horas en días laborais e de 10 a 14 horas o sábado e o domingo

Con motivo da convocatoria das eleccións autonómicas para o vindeiro 21 de outubro e en cumprimento do calendario electoral, o Concello mantén a exposición pública o censo electoral ata o vindeiro luns, día 10 de setembro.

O censo electoral pechado a día 1 de xuño de 2012 está a exposición pública dende o pasado día 3 para que os veciños e veciñas empadroados/as en Lugo poidan comprobar a súa correcta inscrición nas listas de votación e, no seu caso, facer as reclamacións oportunas.

A consulta informática das listaxes electorais, que se debe realizar persoalmente, é un trámite necesario e conveniente para toda a cidadanía co fin de garantir o exercicio do dereito ó voto.

O censo exponse nas Oficinas municipais da Ronda da Muralla, 197. O horario é de 9.00 a 14 horas en días laborais e de 10.00 a 14.00 horas o sábado, día 8, e o domingo, día 9.