Cargando....
Concello de Lugo
16/09/19
NOVAS
Escoita esta páxina

Máis de medio cento de establecementos lugueses sacan hoxe á rúa mercancías con descontos do 50% ó 80% durante o Street Market


# Martes, 04/09/2012
 

Imaxe Asociada Imaxe Asociada

Carmen Basadre e Gómez Besteiro percorreron algúns dos establecementos participantes xunto con membros da Asociación de Autónomas, organizadora deste evento apoiado por Deputación e Concello

O Concello e a Deputación colaboran nesta iniciativa para apoiar a un sector afectado polos recortes do Goberno central e a suba do IVE, que xa condenaron ó peche a 400 establecementos só na capital


A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Xuventude, Carmen Basadre, e o Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, participaron hoxe na cita que todos os lucenses teñen co Street Market, un evento posto en marcha pola Asociación de Autónomas e que conta co apoio do Concello e da Deputación. Por primeira vez, máis de medio cento de negocios da capital sacarán á rúa durante todo o día as súas mercancías con descontos de entre o 50% e o 80%, co fin de atraer a lucenses e visitantes ós seus establecementos e animar as vendas.

Basadre, Gómez Besteiro e a Presidenta da Asociación de Autónomas, Nora Real, detivéronse nalgún dos establecementos adheridos a esta convocatoria, e intercambiaron impresións cos responsables dos negocios.

Carmen Basadre eloxiou esta iniciativa da Asociación de Autónomas e destacou que o Concello colabora nela para axudar ós comerciantes neste momento de dificultade. Tamén salientou que os descontos que se ofrecen neste feira comercial na rúa supoñen un importante aliciente para os consumidores.

Pola súa parte, Gómez Besteiro remarcou a necesidade de que dende as administracións se apoien iniciativas coma este Street Market, que contribúan a favorecer o consumo e aliviar a delicada situación na que centos de negocios se atopan, xa que son un dos sectores máis afectados polas medidas postas en marcha polo Goberno central e que xa teñen condenado ó peche a 400 establecementos só na capital da provincia.


“A últimas das medidas adoptadas polo Goberno, a subida do IVE, supón un paso máis no detraemento do consumo, xa que o único que se consegue é o aumento nos gastos das pequenas economías. Esta brutal suba do IVE, que suporá un custo medio ós autónomos de 1.100 euros ó ano, significará a desaparición de negocios e a destrución de miles de empregos. Tristemente isto só continúa coa tendencia na que estamos inmersos dende hai 25 meses, nos que se vén rexistrado unha caída continua nas vendas. É imprescindible que as administracións apoien calquera medida que alivie estas estatísticas”, subliñou o Presidente da Deputación.

Máis de medio centenar de establecementos

Os negocios participantes, situados nas rúas do casco histórico e en zonas próximas, están identificados por ter ante as súas portas unha mesa de cor laranxa para chamar a atención de lucenses e visitantes, que durante todo o día poderán mercar un amplo abano de produtos, coma artigos téxtiles, complementos, calzado, lencería, xoias ou mesmo lentes. Todos estes produtos terán descontos de entre o 50% e o 80%. Unha oportunidade de reactivar a economía lucense e coñecer máis de preto o que o comercio lucense pode ofrecer ó consumidor.



Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova