O Alcalde asiste á inauguración dunha exposición sobre a historia do Parlamento galego instalada na Deputación
# Mércores, 05/09/2012
O Alcalde, José López Orozco, acompañou esta tarde ó Presidente da Deputación Provincial, José Ramón Gómez Besteiro, e á Presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo, na inauguración dunha exposición sobre a historia da Cámara galega.
A exposición “Aqueles primeiros anos (1981-1989)”, que reflicte os primeiros anos de historia do Parlamento de Galicia, está instalada na sala de exposicións do Pazo de San Marcos.
A mostra recolle distintas imaxes dos momentos máis salientables das dúas primeiras lexislaturas do Parlamento autonómico.
Compartir: