Imprimir

O ALCALDE ASISTE Á INAUGURACIÓN DUNHA EXPOSICIÓN SOBRE A HISTORIA DO PARLAMENTO GALEGO INSTALADA NA DEPUTACIÓN


5/9/2012

O Alcalde, José López Orozco, acompañou esta tarde ó Presidente da Deputación Provincial, José Ramón Gómez Besteiro, e á Presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo, na inauguración dunha exposición sobre a historia da Cámara galega.

A exposición “Aqueles primeiros anos (1981-1989)”, que reflicte os primeiros anos de historia do Parlamento de Galicia, está instalada na sala de exposicións do Pazo de San Marcos.

A mostra recolle distintas imaxes dos momentos máis salientables das dúas primeiras lexislaturas do Parlamento autonómico.