Cargando....
Concello de Lugo
28/01/23
NOVAS
Escoita esta páxina

Este sábado farase unha exhibición de xadrez subacuático na piscina de Frigsa


# Venres, 07/09/2012
Os participantes xogarán partidas por parellas no xadrez xigante que estará debaixo da auga 

A piscina cuberta de Frigsa será o escenario no que terá lugar, mañá, unha chamativa exhibición de xadrez subacuático. Trátase dunha actividade de ocio educativo que organizan as Concellerías de Educación e de Deportes, xunto coa Escola Luguesa de Xadrez, a Asociación Cultural Xaquedrum e o grupo El Progreso.

Os participantes na exhibición xogarán partidas por parellas no xadrez xigante que estará situado debaixo da auga e terán que darse relevos os compañeiros que estarán a poucos metros do taboleiro. Cada parella disporá de doce minutos para toda a partida.

A exhibición terá lugar dende as 12.00 ata as 13.00 horas.

Esta actividade englóbase no programa “E ti que fas? Eu xogo ó xadrez” e ten o propósito de fomentar este xogo en lugo, dar a coñecer a Escola Municipal de Xadrez e, tamén, ofrecer alternativas lúdicas. 


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova