Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Asinado un novo contrato de alugamento na Casa Domótica do Concello de Lugo


# Domingo, 09/09/2012


A Concellería de Servizos Sociais, que dirixe Ana González Abelleira, vén de asinar un novo contrato para a ocupación dunha das vivendas da Casa Domótica municipal.

O Concello o promoveu a contrucción da Casa Domótica, un edificio de vivendas que contan coas adaptacións técnicas para ser utilizados por persoas con discapacidade física e mobilidade reducida permanente. A finalidade da Casa Domótica é a de promover o acceso a unha vivenda adaptada por parte das persoas con discapacidade que cumpran cos requisitos de acceso.

Na actualidade hai tres vivendas cedidas en réxime de alugamento e neste mes de setembro asinouse un novo contrato sobre a cuarta vivenda da Casa Domótica que neste momento estaba pendente de alugar. Este recurso dirixido a persoas con discapacidade xa acadou a súa ocupación total respecto das prazas convocadas. Os contratos de alugamento teñen unha duración de dous anos a contar dende o día da súa sinatura e prorrogaranse anualmente ata acadar unha duración total de 5 anos. O prezo do aluguer foi calculado en función dos ingresos que posúen as unidades familiares ou de convivencia das persoas que resultaron adxudicatarias.

Este edificio sito na Rúa Leiras Pulpeiro de Lugo conta con cinco vivendas, catro das cales póñense en alugueiro mentres que a quinta resérvase para que os Servizos Sociais poidan atender situacións de emerxencia.

Cada unha das vivendas ten unha superficie total de 88,70 metros cadrados, que se distribúen en dúas habitacións, unha das cales ten capacidade para dúas persoas en cama dobre de 1,50 metros e para mobiliario alternativo, amplo corredor adaptado para facilitar o xiro das persoas con mobilidade reducida, tendedeiro adaptado e cociña con mobiliario móbil patentado e adaptado a diversas discapacidades, así como cuarto de baño adaptado.


*No seguinte enlace hai colgado un vídeo sobre as vivendas da Casa Domótica

www.lugo.es/ws/contratos/Accesilidad.avi 


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova