Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A Concelleira de Educación, Formación e Orientación Laboral participa na entrega dos vídeos promocionais de empresas da provincia feitos pola Fundación TIC


# Luns, 10/09/2012
 

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada

Os 43 spots difundiranse a través da plataforma de comercio electrónico da Deputación losproductosdelugo.com, as redes sociais e diversas canles de televisión

A iniciativa súmase a outras medidas do Concello e a Deputación en apoio do tecido empresarial como o Street Market, a Noite Aberta ou a Feira Outlet 


A Concelleira de Ecucación, Formación e Orientación Laboral, Esther Muñoz, participou hoxe, xunto co Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, e a Presidenta da Asociación de Empresarias de Lugo (AELU), Beatriz Varela, na presentación dos vídeos promocionais de empresas da provincia feitos pola Fundación TIC.

O acto tivo lugar no Pazo de San Marcos e nel presentáronse os 43 vídeos promocionais de empresas integradas na Asociación de Empresarias de Lugo (AELU) que foron elaborados por alumnos e bolseiros da Escola de Imaxe e Son (EIS), baixo a supervisión de técnicos da Fundación TIC. A iniciativa forma parte do convenio de colaboración entre a Fundación e o colectivo e ten por obxectivo poñer en valor os produtos e servizos das asociadas de AELU a través da plataforma de comercio electrónico da Deputación losproductosdelugo.com, do portal da asociación e-Deidades e as redes sociais, así como a súa emisión en diversas canles de televisión.

A Concelleira de Educación, Formación e Orientación Laboral e o Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, destacaron a importancia de que as administracións públicas tean apoio ó tecido empresarial nunha momento especialmente complicado, que se ve agravado coa suba do IVE.

Promoción a través das redes

O Presidente da TIC fixo entrega a cada unha das empresarias dun DVD co spot do seu negocio, que poderán colgar nas súas respectivas webs e difundir a través das redes sociais. Ademais, Beatriz Varela recibiu un vídeo promocional de AELU, no que se dan a coñecer os servizos que presta a organización ás emprendedoras da provincia. Os produtos audiovisuais elaborados pola Fundación expoñeranse no portal da asociación: e-Deidades: Empresarias de Lugo na Rede que conta cun enlace ó centro comercial on line do organismo provincial losprodutosdelugo.com.


Concello e Deputación apoian ó tecido empresarial

A iniciativa da TIC súmase a outras de apoio ó tecido empresarial que levan a cabo o Concello de Lugo e a Deputación provincial. A última de elas foi o Street Market, organizado pola Asociación de Autónomas, Empresarias e Profesionais de Lugo. Neste caso, técnicos e bolseiros da TIC fixeron unha ampla reportaxe sobre a cita para difundir en canles de televisión, cadeas radio e redes sociais, ó igual que fixeron coa Noite Aberta ou a Feira Oulet.

Máis de 20 anos de AELU

A Asociación de Empresarias de Lugo naceu en 1998 como unha organización sen ánimo de lucro que aposta polo futuro das mulleres emprendedoras da provincia e a creación dunha nova visión da empresaria dentro da sociedade lucense. Na actualidade conta con 120 socias de toda a provincia, pertencentes a diversos sectores que van dende a agricultura e a construción, pasando polo ensino, o lecer, a decoración ou o asesoramento. AELU presta as súas asociadas labores de asesoramento, xestión de documentación para solicitar axudas e subvencións, formación, ofertas ou demanda de emprego, entre outros servizos. 


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova