Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello colabora nas XXVI Xornadas Penitenciarias lucenses que organiza a Asociación penitenciaria Concepción Arenal


# Luns, 10/09/2012
A Concelleira de Servizos Sociais, Ana González, participou na presentación das Xornadas que terán lugar os días 17 e 18

Imaxe Asociada Imaxe Asociada

A Concelleira de Servizos Sociais, Ana González, participou hoxe na presentación das 26 Xornadas Penitenciarias xunto coa presidenta e o vicepresidente da asociación penitenciaria Concepción Arenal, Marina Cillero e Juan Manuel Moreno, respectivamente. O acto tivo lugar esta mañá na Casa do Concello.

Na súa intervención, a Concelleira eloxiou o labor que desenvolve a asociación penitenciaria Concepción Arenal e salientou que “a labor que desenvolve a asociación é importante porque supón que a sociedade civil se interesa polos dereitos de defensa das persoas, neste caso polos penados que finalizaron a súa condena e teñen que reinsertarse na sociedade”. Tamén fixo referencia a Concelleira de Servizos Sociais ó problema que supoñen “os cambios nas leis que se están aprobando e que supoñen que os estranxeiros sofren unha vulneración importante de dereitos.

Pola súa parte, a presidenta da Asociación Concepción Arenal fixo fincapé en que “a integración non só é responsabilidade das forzas de seguridade” e lamentou que “dá a impresión de queremos apartamos da sociedade a quen comete un delito, pero esas persoas tamén pertencen á sociedade, teñen dereitos e hai que mirar por eles”.

Ademais, Marina Cillero anunciou que a asociación penitenciaria Concepción Arenal ten previsto poñer en marcha unha campaña de captación de socios.

As Xornadas deste ano levan o título "Coordinación, intervención penitenciaria. Trámites expulsión penados estranxeiros" e celebraranse no Pazo de San Marcos os días 17 e 18.

O programa do encontro comezará ás 18.00 horas coa presentación, que estará a cargo do Presidente da Deputación provincial, José Ramón Gómez Besteiro. Deseguido, terá lugar a inauguración, que fará o avogado Antonio Vázquez Portomeñe, e efectuarase a entrega das medallas Concepción Arenal. A primeira xornada rematará coa conferencia titulada “A expulsión dos penados estranxeiros”, a cargo do doutor en Dereito e xurista do Centro Penitenciario de León Rafael Martínez Fernández, que irá seguida dun coloquio moderado polo vicepresidente da Federación de Asociacións de ámbito social de Lugo (F.A.D.A.S.), Víctor Fraga Gayoso.

A segunda sesión, o martes día 18, consistirá nunha mesa redonda titulada “Trámites de procedemento de expulsión dos penados estranxeiros”, na que intervirán como relatores Esther Montero Pérez de Tudela, doutora en Criminoloxía e xurista do Centro Penitenciario de Huelva; Miguel Armenteros León, fiscal de estranxeiría da Fiscalía Provincial da Coruña; Diego García Castro, inspector xefe do Grupo de Estranxeiros da Xefatura Superior de Policía de Galicia; e o avogado e asesor xurídico da Asociación “Ecos do Sur”. Como moderadora actuará a subdirectora de tratamento do Centro Penitenciario de Monterroso, Elvira Paloma Fernández Domínguez. A clausura correrá a cargo do Delegado de Cultura e Turismo da Deputación, Mario Outeiro.


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova