Cargando....
Concello de Lugo
25/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello asina un novo convenio de colaboración coa USC


# Martes, 11/09/2012
Os ósos depositados no osario do Cemiterio de San Froilán que ninguén reclama serán cedidos para a docencia e investigación universitaria

Imaxe Asociada Imaxe Asociada

A Concellería de Servizos Xerais tamén traballa nun acordo coa Facultade de Humanidades para estudos culturais sobre o Cemiterio

O Concelleiro de Servizos Xerais, Francisco Fraga, asinou un convenio co Reitor da USC, Juan Casares Long, que regula a cesión de ósos para a docencia e investigación universitaria.

Os restos óseos serán cedidos para contribuír á formación de alumnos do grao de Nutrición e Dietética Humana, unha titulación única no sistema universitario galego e que ten unha importante proxección.

Ata agora eses restos, depositados no osario do Cemiterio de San Froilán, e que ninguén reclamaba pasado o tempo preceptivo eran incinerados

Trala sinatura do convenio, que tivo lugar esta mañá no Vicerreitorado da Universidade, o Concelleiro de Servizos Xerais anunciou que tamén está en estudo outro acordo coa Facultade de Humanidades neste caso para facer estudos que poñan en valor a importancia cultural do Cemiterio de San Froilán, que está situado no Camiño de Santiago, forma parte da rede de cemiterios europeos e, como é sabido, conta con algúns panteóns de interese artístico.

Pola súa parte, o Reitor agradeceu esta nova mostra de colaboración do Concello de Lugo coa Universidade. 
 
Coñeza o Cemiterio Municipal de San Froilán.

 




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova