Cargando....
Concello de Lugo
28/01/23
NOVAS
Escoita esta páxina

Esta fin de semana celébrase o I Enduro San Froilán


# Xoves, 13/09/2012
 

A Concellería de Deportes informa da celebración do I Enduro San Froilán, que terá lugar os días 15 e 16 de setembro organizado polo Motoclube Enduro Lucense coa colaboración do Concello.

A proba será valedeira para o Campionato galego desta especialidade e está prevista a participación de 65 pilotos chegados de toda Galicia, entre eles os mundialistas Aaron Bernárdez e Xacob Agra.

O I Enduro San Froilán comezará o sábado, día 15, coas verificacións administrativas e técnicas, que terán lugar no Pazo de Feiras e Congresos a partir das 16.00 horas.

O domingo, día 16, ás 9.30 horas comezará a carreira, que se desenvolverá por pistas e camiños do concello ata rematar ao redor das 14.30 coa chagada, de novo, ó recinto feiral.

Segundo explica a organización, o centro neurálxico da proba será nun circuíto preparado ó efecto ó lado da igrexa de Orbazai, onde os participantes farán cinco pasadas cronometradas.

Toda a información sobre o San Froilán en www.sanfroilan.info




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova