Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello pon en marcha o proceso de recollida de propostas veciñais para a elaboración dos Presupostos para 2013


# Xoves, 13/09/2012
As achegas poderanse facer a través do Rexistro, por correo electrónico e na web do Concello www.lugo.es

Imaxe Asociada Imaxe Asociada

O Concello de Lugo convida ás asociacións e colectivos de veciños a facer suxestións para os Presupostos do Concello de 2013.

O Concelleiro de Servizos Xerais, Francisco Fraga, anunciou hoxe que se vai dirixir por carta a todas as asociacións do Concello para que participen facendo as súas propostas para telas en conta na elaboración dos Orzamentos municipais do vindeiro ano.

As suxestións que presenten tanto asociacións como colectivos de veciños poderanse presentar por escrito no Rexistro municipal, por correo electrónico e, tamén, por primeira vez, a través da páxina web municipal www.lugo.es, na que está colgado un formulario para plantexar as suxestións.

Tamén se estudarán as achegas que fagan grupos de veciños, tanto da cidade como da zona rural, sempre que se trate de peticións non individuais senón que dean resposta a unha inquedanza dun colectivo, aínda que non estean agrupados nunha asociación.

O obxectivo que se marca o Concello con esta iniciativa do Concello é darlle participación ós veciños e veciñas á hora de determinar as prioridades dos investimentos que farán as distintas Concellerías para o próximo ano, tanto no tocante a obras como a arranxos ou melloras nos barrios e parroquias de Lugo.

O Concelleiro de Servizos Xerais explicou que a Oficina de Participación Cidadá será a encargada de canalizar as propostas que serán trasladadas ás diferentes Concellerías e á área de Economía, que é a encargada da elaboración do proxecto de Presupostos municipais.

Orzamentos participativos 2013

 




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova