Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A Casa das Línguas organiza un curso de inglés comercial para mozos desempregados


# Venres, 14/09/2012
O curso dispón de 25 prazas e impartirase na Casa das Línguas da estrada da Granxa polas mañás, de outubro a xuño 

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
 Para as clases de inglés, francés e alemán recibíronse 826 solicitudes

A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Xuventude, Carmen Basadre, presentou hoxe un curso de inglés básico comercial destinado a persoas desempregadas que se vai impartir este ano na Casa das Línguas da estrada da Granxa.

Este curso dispón de 25 prazas e nel terán prioridade os menores de 35 anos. O prazo de inscripción estará aberto durante todo o mes de setembro. O curso terá lugar polas mañás, dende o mes de outubro ata o de xuño.

O programa deste curso inclúe un repaso xeral da gramática inglesa, e tamén se impartirán dous módulos básicos da línguaxe propia da hostelería e comercial. Así, os alumnos aprenderán a comunicarse en inglés en áreas especializadas como son asreservas de viaxes, aeroportos, hostalería, hoteis e restaurantes e a facer ou atender chamadas telefónicas, redactar correos electrónicos, cartas ou faxes, ou vocabulario propio de administración e informático.

O obxectivo, segundo explicou Basade, é facilitar a mozos desempregados a aprendizaxe do inglés preciso para poder atopar traballo en sectores como a hostalería, axencias de viaxes ou outros relacionados co turismo e os negocios.

Medra a demanda dos cursos nas Casas das Línguas

A programación das dúas Casas das Línguas dependentes do Concello, situadas na estrada da Granxa e no Centro cívico María Balteira, ofrece, ademais, formación en inglés, alemán e francés. Neste caso, o prazo de inscrición xa se pechou e presentáronse 826 solicitudes, das que a maioría son para aprender inglés, con 575 solicitudes, seguido das 133 presentadas para francés e as 118 para alemán.

O curso pasado as Casas das Línguas atenderon a máis de 500 persoas e este ano serán máis de 600. Carmen Basadre lembrou que se dá prioridade ós solicitantes empadroados no concello, aínda que tamén poden acudir estudantes matriculados en Lugo ou persoas que traballen aquí.

As listas de admitidos faranse públicas o día 17 e o prazo para o pago da matrícula estará aberto do 19 ó 28.

O prezo de inscrición é de 30 euros e no caso dos nenos redúcese a 3, 20 euros.

Chinés na Casa da Xuventude

A gran demanda existente nas Casas das Línguas motivou que este ano as clases de chino que organiza a Asociación Chéng Bâo tiveran que cambiar de ubicación e foron trasladadas ás instalacións da Casa da Xuventude, segundo informou Carmen Basadre.

Día dos Maiores

Ademais, a Concelleira de Benestar Social anunciou que os aforros que precisa facer o Concello para atender as cada vez maiores necesidades sociais motivan que este ano non se vaia organizar a comida dos maiores. Por ese motivo, a celebración do Día internacional das Persoas maiores, que se conmemora o 1 de outubro, consistirá nunha homenaxe ás parellas que conmemoran neste ano as súas Vodas de Ouro e ás persoas que cumpren 100 anos de idade.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova