Cargando....
Concello de Lugo
24/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Hostaleiros da Praza de Augas Férreas promoven a actuación da orquestra Panorama o 12 de outubro


# Venres, 14/09/2012
O Concello de Lugo apoia esta iniciativa que coincidirá coas festas do San Froilán

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
Concello e hostaleiros aportarán, a partes iguais, os 12.000 € que custan as actividades

O vindeiro 12 de outubro actuará a orquestra Panorama na Praza de Augas Férreas. A proposta, que xurdiu dun grupo de empresarios de hostalería da zona, foi presentada en rolda de prensa por Jesús Díaz (cervexería Cook) e Alejandro Pasarín (As Landras) que estiveron acompañados polo Tenente de Alcalde e responsable de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua. Ademais da actuación da orquestra Panorama está previsto tamén a actuación de grupos de animación durante a tarde do venres e o sábado. Os organizadores agardan unha gran afluencia de público “que se pode cifrar en torno ás 10.000 persoas”.

Antón Bao agradeceu a implicación do colectivo de empresarios e cualificouna como “positiva xa que redundan a favor da cidade, do concello e dos seus propios intereses”. O concello de Lugo colaborará para que se poida levar a cabo xa que coincidirá no tempo coa celebración das festas de San Froilán. Bao dixo que “creemos na colaboración, e sobre todo nestes momentos difíciles, para sacar adiante propostas beneficiosas para todos”. Bao informou que o custo total das actividades é de 12.000 euros e serán asumidos a partes iguais por concello e hostaleiros.

Pola súa banda Jesús Díaz dixo que “a nosa intención é xogar a sumar” e engadiu que “estamos situados nunha praza que é perfecta para organizar este tipo de eventos e a queremos aproveitala para o disfrute dos veciños da zona e de toda a cidade”. Jesús Díaz tamén quixo “dar as gracias ao concello de Lugo xa que nos apoiou en todo o que pedimos”. Os representantes do empresarios manifestaron a súa intención en continuar colaborando co concello na organización de eventos para dinamizar a zona e “contamos con que Lugo é unha cidade en crecemento e temos que adaptarnos a esta realidade á hora de organizar eventos”.

Polémica pola colaboración dos hostaleiros
En resposta a preguntas formuladas polos xornalistas en relación á suposta negativa dun grupo de hostaleiros a facer achegas económicas para as festas Antón Bao quixo zanxar a polémico indicando que “a achega que se pediu é voluntaria, non é ningunha couta nin taxa e depende de cada quen facela ou non e con absoluta liberdade”. Bao engadiu que “unicamente solicitamos colaboración” e informou que todo o proceso se fixo contando coa Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e explicou que “é o interlocutor válido para o concello por tratarse dunha entidade legalmente constituída”.

Bao incidiu en que “estiven, estou e estarei disposto a reunirme con quen sexa para clarificar calquera cuestión que me plantexen”. O responsable de cultura engadiu que “o único que fixemos foi establecer unha canle para facilitar a colaboración de aqueles que libremente decidan tela coas festas, que son de todos os lucenses” e lembrou “que esta é un mecanismo que xa fai anos se pediu por parte dos propios hostaleiros para poder canalizar as súas achegas para as festas”.

Antón Bao citou aos que, ata o momento fixeron aportacións, e indicou que “ao mellor tamén serve para clarificar o que está ocorrendo”. Os Tres Pés, Javier Folgueira Lozano, Pensión KM 511, Coffee Karina, Ayse Lucus s.l., Pub Particular, El Progreso de Lugo, s.l., Jael Joyería, Café Bar Ríos, S & A S.C., Restaurante Verruga, Hotel Jorge I, Mesón de Alberto, Joyería Refojo, Chocolatería Curbelo, Berta Rita de la Torre Nieto, Café del Centro, Hostal Porta de Santiago, Zinema c.b., María Carmen Mouronte Liz, Pub Gandul, Pub Dolce, Zapatería Cuplé, Pankonke.

Aportacións de 5 pesetas no 1907
Antón Bao comentou como anécdota que un dos empresarios do casco histórico, no momento de ir facer a súa aportación, achegoulle un exemplar do boletín que emitía o concello no ano 1907 aos establecementos polo pago da cota para as festas de San Froilán. Naquel momento este empresario aportou a cantidade de 5 pesetas. Ademais este empresario, segundo Antón Bao, manifestoulle a súa satisfacción por poder contribuír á celebración das festas da cidade. 

 

Toda a información sobre o San Froilán en www.sanfroilan.info


Escoitar audio:
Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova