Cargando....
Concello de Lugo
01/06/20
NOVAS
Escoita esta páxina

O luns comezan as obras para dotar a Calzada das Gándaras de beirarrúas


# Sábado, 15/09/2012
A Concelleira de Infraestruturas e Axenda 21 inicia con esta obra unha das demandas histórica dos veciños do barrio

As obras consisten na creación de beirarrúas no tramo comprendido entre as Rúas Virxe dos Ollos Grandes e Virxe da Soidade.

O barrio de As Gándaras atópase situado na periferia da cidade, nunha zona que durante moitos anos atopouse fora dunha efectiva ordenación urbanística. A zona de calzada obxecto da actuación non ten actualmente unha beirarrúa continua e uniforme que posibilite o tránsito de peóns.

A actuación proxectada é unha demanda histórica da veciñanza deste barrio da cidade, xa que se trata dunha vía principal con moito tráfico rodado e moi utilizada polos peóns.

Prevese a execución dunha beirarrúa continua de formigón armado de 15 cm. de espesor cuxa rasante será similar á calzada continua , respectando en todo momento as condicións de accesibilidade ás vivenda e propiedades colindantes. O trazado ven determinado polo cumprimento das alineacións previstas no PXOU, así como pola necesidade de proxectar uns itinerarios peonís que desen resposta ás demandas cidadás ao tempo que se cumpren os criterios marcados pola Lei Galega de Accesibilidade. O tramo afectado polas obras é o comprendido entre as interseccións desta rúa coas rúas Virxe dos Ollos Grandes e Virxe da Soidade.

Durante a execución das obras manteranse os accesos aos residentes as súas propiedades, e permitirase o acceso de mercancías aos establecementos comerciais e hostaleiros da zona. Os movementos do tráfico non se verán afectados.

A Concellería de Infraestruturas e Axenda 21 xa informara que o seu presuposto para obras cinguiríase a criterios de compensación con barrios periféricos da cidade de acordo cos criterios marcados polo Plano de Acción da Axenda 21 Local reelaborado e aprobado recentemente polo Foro de Sustentabilidade, do cal forman parte cidadás e colectivos lucenses. Este documento fai mención ao desenvolvemento progresivo de actuacións de rexeneración urbana de espazos públicos degradados. Esta actuación tamén fora solicitada pola veciñanza na súa propostas para incluír nos orzamentos municipais.

A Xunta de Compras aprobou esta obra en agosto pasado sendo a empresa lucense encargada das mesmas Construcciones SANLE. O orzamento de licitación ascende a 21.506 €, sendo o prazo de execución de 2 meses.

Coñeza o estado das obras.

www.lugo.es/ws/axenda21

 




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova