Cargando....
Concello de Lugo
28/01/23
NOVAS
Escoita esta páxina

Mañá martes 18 ábrese o prazo de matrícula para as 19 modalidades deportivas das Escolas Deportivas Lucenses


# Luns, 17/09/2012
 

Dende a Área de Deportes anúnciase que dende mañá, 18 de setembro e ata o día 30 de mesmo mes, comeza o período de matriculación das Escolas Deportivas Lucenses do Concello de Lugo, que corresponden á tempada 2012-2013. As escolas nas que se poden matricular son as de :

1. Baloncesto
2. Béisbol
3. Balonmán
4. Boxeo
5. Ciclismo
6. Hockei Liña Feminino
7. Natación Sincronizada
8. Loita
9. Patinaxe
• Iniciación o Hockei Liña e Patinaxe Artística
10. Rugby
11. Taekwondo
12. Tenis
13. Tenis de Mesa
14. Tiro con Arco
15. Tríatlon
16. Tiro Olímpico
17. Xadrez
18. Ximnasia Mantemento
19. Ximnasia Rítmica

Haberá escolas de matrícula gratuíta e escolas que requirirán unha matrícula de 12 € a pagar en man no intre de facela nas Oficinas da Concellería de Deportes ( Piscina Municipal de Frigsa) en horario de 09:00 a 14:00 de luns a venres. As mensualidades dependen de cada unha das modalidades deportivas pero pódense atopar actividades entre a gratuidade como o Hockei Liña e Patinaxe Feminina aos 15€ de loita ou os 40 € do Tiro con Arco.

As diferentes modalidades estarán impartidas por clubs deportivos, ximnasios conveniados e instrutores deportivos nas especialidades deportivas que imparte o Concello nun total de 13 instalacións deportivas diferentes.

Para esta edición 2012 – 2013 ofértanse un total de 19 modalidades deportivas nas que participarán un total de 6000 persoas de todas as idades a partir de 3 anos, se ben todas aquelas persoas que desexen practicar algún deporte que non estea incorporado as nosas escolas, pode poñerse en contacto coa Concellería de Deportes a través do email deportesarrobaconcellodelugo.org e facilitaráselles a posibilidade de practicar o seu deporte preferido.

deportes.lugo.es

 




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova