Cargando....
Concello de Lugo
01/06/20
NOVAS
Escoita esta páxina

Dan comezo as obras de asfaltado da Rúa Xoán Rico Pérez


# Luns, 17/09/2012
A rúa une a Avenida das Fontiñas coa Paseo do Rato e ten un firme moi degradado

A Concellería de Infraestruturas e Axenda 21 aborda con esta obra unha demanda constante demanda dos veciños.


Hoxe deron comezo as obras de asfaltado da Rúa Xoán Rico Pérez pertencentes ás actuacións previstas no Orzamento 2012 da Concellería de Infraestruturas e Axenda 21, que dirixe a nacionalista Paz Abraira. A actuación nesta vía obrigará a cortes puntuais e desvíos de tráfico, que estarán convenientemente sinalizados.

A vía Pedáneo Xoan Rico Pérez presenta un pavimento moi deteriorado. Pola acusada pendente que presenta e por tratarse dunha vía que permite a conexión entre a Estrada do Rato e a Rolda de Fontiñas e por existir un bo número de vivendas na zona, presenta un nivel de tráfico que provoca unha deterioración importante do mesmo. A pesar das actuacións de bacheo puntuais observouse que existe cada vez unha deterioración máis notable, o que fai pensar que a solución existente de pavimentación é insuficiente e que se fai preciso adoptar outra tipoloxía.

A actuación proxectada é unha demanda da veciñanza desta rúa da cidade, xa que se trata dunha vía con moito tráfico rodado e moi utilizada polos veciños.

Prevese a execución dunha capa de formigón bituminoso de 5 cm sobre unha primeira capa de regularización de espesor medio 2 cm, fabricado con áridos calizos, a situar sobre a rasante actual. Deste xeito o firme existente convértese na base do futuro firme, constituíndose un reforzo da pavimentación da vía, mellorando a súa regularidade superficial, a súa durabilidade e garantindo maior facilidade de conservación.

Disporanse sumidoiros e rexillas para a recollida das augas superficiais, conectándoas ben aos pozos existentes ou instalando tramos de colector de pluviais de PVC de 315 mm de diámetro. Así mesmo reporase o bordo e a rígola da beirarrúa existente un un tramo da rúa.

Como o resto de obras programadas para o actual exercicio orzamentario tívose en conta as achegas do Plano de Acción da Axenda 21 Local, reelaborado e aprobado polo Foro de Sustentabilidade de Lugo, do cal forman parte cidadás e colectivos lucenses.

A Xunta de Compras aprobou esta obra en agosto pasado sendo a empresa lucense encargada das mesmas ASOGAL. O orzamento de licitación ascende a 49.851,98 €, sendo o prazo de execución de 1 mes.

Coñeza as obras en marcha.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova