Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

"Siniestro Total" actuará o sábado 6 no San Froilán


# Luns, 17/09/2012
O grupo navarro ‘Vendetta’ presentará o martes 9 na Praza de Santa María o seu último disco

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
Un total de 260 persoas fixeron distintas peticións de grupos e actuacións a través da páxina web www.sanfroilan.info


O grupo de rock galego Siniestro Total actuará no San Froilán o sábado día 6 cun concerto na Horta do Seminario. O grupo liderado por Julián Hernández e Óscar Avendaño tocará temas do seu último disco, Country & Western, e fará un percorrido pola súa extensa traxectoria de máis de 30 anos, con aquelas cancións que fixeron deste grupo un dos máis destacados do panorama musical estatal. O tenente alcalde e responsable de Cultura, Antón Bao, que presentou esta mañá esta actuación destacou esta actuación como “unha das imprescindibles” do programa das festas deste ano.

Antón Bao anunciou tamén a actuación do grupo navarro Vendetta, que achegará ao público lucense o os temas do seu segundo disco, Puro Infierno, o martes 9 na Praza de Santa María. O tenente alcalde destacou o carácter “alegre e festeiro” deste grupo de ska e punk rock que co seu primeiro álbum acadou un notable éxito e recoñecemento internacional.

O responsable de Cultura deu conta ademais das distintas peticións populares para as festas deste ano a través da páxina web www.sanfroilan.info. Máis de 260 persoas fixeron chegar as súas preferencias de grupos e actuacións concretas, das que se tentou ter en conta a maioría, segundo dixo Bao, aínda que nalgúns casos por custo ou por coincidencia de data non foi posible. O grupo que máis peticións tivo (máis de 80) foi o grupo lucense En Clave de Fado, que actuará o venres 12 na Praza de Santa María. Grupos xa confirmados, como o propio Siniestro Total, Malvela ou a orquestra Panorama tamén contaban con distintas peticións por parte das persoas que entraron na web oficial das festas.

Politización das festas

A preguntas dos xornalistas, o tenente alcalde respondeu ás críticas do Partido Popular en relación ás festas do San Froilán. Bao dixo non entender “o interese que ten o PP en criticar as festas de todos os lucenses” e preguntoulles aos concelleiros do Partido Popular “que mal ten que actúen no San Froilán grupos galegos e grupos de Lugo”.


Enlaces:

Siniestro Total www.siniestro.com

Vendetta www.lavendetta.org

En Clave de Fado www.facebook.com/enclavedefado 

 


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova