Cargando....
Concello de Lugo
14/07/20
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde participa na inauguración das XXVI Xornadas Penitenciarias Lucenses, un acto no que recibiu a medalla Concepción Arenal o Concelleiro de Servizos Xerais


# Luns, 17/09/2012


Imaxe Asociada Imaxe Asociada
Na inauguración tamén interviñeron o Presidente da Deputación, Marina Cillero, presidenta da Asociación Penitenciaria Concepción Arenal –organizadora do encontro-, e o avogado Antonio Vázquez Portomeñe

O Alcalde, José López Orozco, participou esta tarde na inauguración das XXVI Xornadas Penitenciarias Lucenses, xunto co Presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, a presidenta da Asociación Penitencia Concepción Arenal, Marina Cillero, e o avogado Antonio Vázquez Portomeñe.

A apertura oficial das Xornadas, que nesta edición se centran nos trámites de expulsión dos penados estranxeiros, tivo lugar no Salón de Actos de San Marcos, coa presenza dunhas 90 persoas.

O acto oficial de inauguración do foro, que remata mañá, incluíu a entrega das Medallas Concepción Arenal, da que se ocuparon López Orozco e Gómez Besteiro. Unha das medallas foille concedida ó Concelleiro de Servizos Xerais, Francisco Fraga.

O Concello e a Deputación provincial colaboran co encontro, que leva por título Coordinación, intervención penitenciaria. Trámites de expulsión dos penados estranxeiros, e durante o que haberá unha conferencia, un coloquio e unha mesa redonda a cargo de 8 especialistas de prestixio. Deste xeito, trala apertura oficial, hoxe tivo lugar a conferencia A expulsión dos penados estranxeiros, a cargo do doutor en Dereito e xurista do Centro Penitenciario de León Rafael Martínez Fernández, seguida dun coloquio moderado polo vicepresidente da Federación de Asociacións de Ámbito Social de Lugo (FADAS), Víctor Fraga Gayoso.

Mañá martes terá lugar a mesa redonda Trámites de procedemento de expulsión dos penados estranxeiros, na que intervirán como relatores Esther Montero Pérez de Tudela, doutora en Criminoloxía e xurista do Centro Penitenciario de Huelva; Miguel Armenteros León, fiscal de Estranxeiría da Fiscalía Provincial da Coruña; Diego García Castro, inspector xefe do Grupo de Estranxeiros da Xefatura Superior de Policía de Galicia; e Carlos Villar Arévalo, avogado e asesor xurídico da ONG Ecos do Sur. Como moderadora actuará a subdirectora de tratamento do Centro Penitenciario de Monterroso, Elvira Paloma Fernández Domínguez. A clausura correrá a cargo do Deputado de Cultura e Turismo da Deputación, Mario Outeiro.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova