Imprimir

PRETO DE 60 VOLUNTARIOS DA ASOCIACIÓN ESPAÑOLA CONTRA O CANCRO DE TERUEL VISITARON O CONCELLO DE LUGO


18/9/2012  

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, recibiu a visita dun grupo de 60 voluntarios da Asociación Española Contra o Cancro de Teruel, que se atopan de visita na cidade durante esta semana. No acto tamén estivo, María Concepción de Martín Varela, presidenta da Asociación Española Contra o Cancro de Lugo.

López Orozco deulles a benvida e resaltou a importancia do traballo dos miles de voluntarios que “realizan accións beneficiosas para os que peor o están pasando, neste caso por enfermidades, dunha maneira totalmente gratuíta e desinteresada”. Neste sentido tamén os invitou a coñecer Lugo dende o punto de vista gastronómico e cultural.