Imprimir

O ALCALDE DE LUGO OFRECE O SEU APOIO Á ASOCIACIÓN DE EXECUTIVAS DE GALICIA


18/9/2012  

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Economía, Emprendemento e Autónomas, Sonia Méndez, mantiveron unha reunión cunha representación da Asociación de Executivas de Galicia e na que puideron coñecer a labor desta entidade formada por mulleres executivas e emprendedoras de todo Galicia.

A Presidenta de Executivas, Montse Sánchez-Agustino Mariño, e a e Delegada en Lugo, Mónica Álvarez, explicaron que a asociación ten como misión defender os dereitos e intereses das mulleres executivas galegas e que a sociedade tome conciencia do rol que desenvolven dentro da sociedade..

A Presidenta da Asociación tamén lle fixo chegar ao Alcalde o novo proxecto que van poñer en marcha. Trátase dun blog de emprego para mulleres no que contarán coa colaboración de diferentes entidades e institucións para facer chegar as diferentes ofertas de emprego a todas as executivas galegas. Ademais tamén levarán a cabo diferentes accións formativas para mulleres executivas de toda a provincia e fomentarase o emprendemento feminino.

López Orozco, pola súa parte, manifestou que “é necesario poñer en valor o traballo que desenvolven as mulleres xa que non sempre teñen o recoñecemento que merecen ademais de loitar por conseguir unha igualdade real en todos os ámbitos laborais e sociais”. Neste sentido, o Alcalde, tamén lles puxo en coñecemento as medidas sociais e, especialmente, de emprego dirixidas a mulleres nesta época de crise económica.