Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O San Froilán acollerá os días 4 e 5 na Praza de Campo Castelo dous festivais de música tradicional e moderna


# Martes, 18/09/2012
O ‘Festival de Noso’, organizado pola asociación Cultura do País, traerá o xoves 4 aos grupos de rock e heavy metal John Deeres, Terbutalina e Machina

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada

O 'Zumbanocoiro', organizado pola asociación de recuperación da música tradicional A Volta do Agro, contará o venres 5 coas actuacións de As Lagharteiras e Tiruleque


Un ano mais a Praza de Campo Castelo contará cun escenario durante as festas do San Froilán, que acollerá dous festivais de música tradicional e moderna os días 4 e 5 de outubro, organizados en colaboración con dúas asociacións de Lugo. Na presentación esta mañá desta programación, o tenente alcalde e responsable de Cultura, o nacionalista Antón Bao, destacou que estes dous festivais van aportar “variedade e calidade” e agradeceu a implicación na organización das festas de asociacións e grupos de Lugo.

O primeiro dos festivais, o Festival de Noso, terá lugar o primeiro día das festas, o xoves 4, na Praza de Campo Castelo a partir das 9 da noite. Está organizado pola asociación Cultura do País e traerá aos grupos John Deeres, Terbutalina e Machina, segundo explicou Antón Somoza, de Cultura do País. Johh Deeres é un grupo de rock que evoca a época dos 70 formado por xente moza da zona da Estrada. Terbutalina é un grupo de Muros creado no 2010 que fai unha mestura de estilos entre o punk e o que eles chaman “rock de garaxe”. Finalmente, Machina é unha banda de rock alternativo xa consolidada, que ten actuado con grupos como Amparanoia e que fai hard core melódico e heavy metal. O festival estará conducido por Anxo Lamelo, actor lucense que forma parte do grupo de humor Menos dá unha pedra e cunha traxectoria no mundo cinematográfico e do teatro.

Ao día seguinte, o venres 5, o escenario de Campo Castelo acollerá o segundo dos festivais, o Zumbanocoiro, organizado pola asociación Obradoiro de Cultura Tradicional A Volta do Agro. Actuarán tamén tres grupos: A Volta do Agro, Lagharteiras e Tiruleque. O grupo da Volta do Agro interpretará un repertorio composto fundamentalmente por pezas tradicionais recollidas en distintos lugares provincia de Lugo. Será un espectáculo de música, baile e canto tradicional, segundo explicou esta mañá David Vázquez. A continuación actuará Lagharteiras, un grupo de pandereteiras de distintos puntos da xeografía galega e que é neste momento un dos mellores grupos de canto tradicional. Finalmente, pechará o festival o grupo Tiruleque, que tocan pezas da tradición galega cun aire máis moderno.

Pode consultar o avance do programa en www.sanfroilan.info


Contratos de iluminación e son


Antón Bao deu conta ademais de varios asuntos tratados hoxe na Comisión de Festas, como por exemplo o acordo para ampliar a presenza das casetas do polbo, que a petición dos hostaleiros estarán ata o día 3 de novembro, para aprovietar a ponte de 1 de novembro. Tamén se adxudicou a iluminación ornamental das rúas á empresa Iluminación Umia, por un importe de 21.175 euros, cun aforro de 6.500 euros con respecto ao prezo de saída. Ademais, este ano melloraráse a iluminación das avenidas de acceso á cidade, como San Roque, Avenida das Américas ou Rúa Santiago e a iluminación será con bombillas led. Adxudicouse tamén o son para os concertos á empresa EMSAC por un importe de 49.560 euros, cun aforro de 12.000 euros; así como a montaxe das casetas e postos de venda do feiral, á empresa Os Ancares, por un importe de 33.880 euros.


Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova