Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Trinta mozos lucenses ampliarán a súa formación con prácticas en empresas de Alemaña, o Reino Unido e Italia


# Martes, 18/09/2012
O Alcalde e a Concelleira de Educación despediron ós bolseiros do programa Lugoquálitas 2, que financian o Concello e a Unión Europea a través do programa Leonardo da Vinci

Imaxe Asociada Imaxe Asociada

Os mozos marchan de Lugo este venres e pasarán tres meses no estranxeiro

López Orozco animounos a sacar proveito desta oportunidade e pediulles que difundan a imaxe de Lugo durante a súa estadía en Hamburgo, Florencia e Belfast


O Alcalde, José López Orozco, e a Concelleira de Educación, Formación e Orientación Laboral, Esther Muñoz, despediron hoxe ós 30 mozos que van completar a súa formación facendo prácticas en empresas de Alemaña, Italia e o Reino Unido.

O Alcalde animou ós bolseiros a aproveitar ben esta oportunidade de mellorar a súa formación e pediulles que teñan confianza no futuro, a pesar das dificultades da economía española.

López Orozco destacou que estas bolsas vanlles abrir novos horizontes, coñecer outro mundo empresarial e amosou o seu desexo de que aproveiten ben esta posibilidade de mellorar a súa formación.

O Alcalde lembrou que, no século pasado, moitos galegos tiveron que emigrar a América e a Europa, fenómeno que se está a reproducir nestes tempos por mor da crise, pero amosou a súa confianza en que estes bolseiros aumenten a súa formación pero non teñan que quedar traballar no estranxeiro, senón que poidan volver traballar ou montar empresas en Lugo. Neste sentido recordou “o importante esforzo que fixo este país para a vosa formación e sería unha mágoa que agora a plusvalía que xere o voso traballo quede nun país estranxeiro”.

López Orozco tamén aproveitou para pediulles ós mozos que contribúan á difusión da imaxe da nosa cidade no estranxeiro, algo no que tamén incidiu a Concelleira de Educación quen lles indicou que “debedes actuar como tarxeta de visita da mocidade española en Europa e debedes demostrar que nin somos xente vaga nin pouco cualificada”. 

Tres meses en Belfast, Florencia e Hamburgo

Os mozos seleccionados para tomar parte no programa Lugoquálitas 2 de formación europea para a cualificación dos mozos lucenses, que organizan o Concello e a Unión Europea, dentro do programa Leonardo da Vinci, marcharán este venres e hoxe recibiron os seus contratos.

Durante tres meses, ata o 15 de decembro, estes mozos lucenses terán a oportunidade de mellorar a súa formación tanto na aprendizaxe dunha nova lingua como coa realización das prácticas, ademais de coñecer unha nova cultura e vivir unha enriquecedora experiencia desde o punto de vista persoal.

15 dos mozos viaxarán a Belfast en Irlanda do Norte (Reino Unido), 13 a Florencia (Italia) e 5 a Hamburgo (Alemaña).

As estadías neses países durarán 12 semanas, as 3 primeiras adicaranas a facer un curso intensivo da lingua do país de destino no que perfeccionarán o idioma e aprenderán vocabulario específico para o mellor aproveitamento das prácticas e as 9 semanas restantes estarán adicadas á realización de prácticas en empresas dos sectores correspondentes ós estudos que cursaron, o que lles permitirá coñecer o unha empresa europea do seu sector e tamén comprender o funcionamento dun novo mercado de traballo. 

 


Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova