Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo apoia ós traballadores de Alcoa cun apagón simbólico este xoves pola noite


# Martes, 18/09/2012


O Alcalde, José López Orozco, anunciou hoxe que o Concello de Lugo apoia ós traballadores de Alcoa e súmase ó apagón convocado polos traballadores da planta de San Cibrao.

O Concello de Lugo amosa, con este apagón simbólico de luces, o seu apoio a unha iniciativa que partiu do plantel de traballadores de Alcoa en defensa da continuidade da empresa, que é un dos piares da economía da comarca da Mariña e do conxunto da provincia, segundo destacou López Orozco.

O Alcalde anunciou que o Concello de Lugo vaise sumar ó apagón do alumeado entre as 21.30 e as 21.45 horas deste xoves, tal como pediron ás administracións e ós cidadáns os traballadores da planta de Alcoa.

Ademais, López Orozco animou ós lucenses a secundar esta iniciativa de apoio a unha empresa que ten unha importancia vital, non só para os traballadores senón tamén para o conxunto da economía da provincia de Lugo. 
  
 




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova