Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A cidade de Lugo celebrará este ano coincidindo co Domingo das Mozas o I Concurso do Traxe Tradicional


# Xoves, 20/09/2012
A intención do Concello é que a xente se anime a vestir o traxe galego ese día das festas 

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada

Haberá premios para os mellores traxes antigos e modernos, para agrupacións e traxes infantís e todas as persoas que veñan vestidas co traxe galego o Domingo das Mozas poderán levar unha foto de recordo para a súa casa e recibirán un agasallo


O Concello de Lugo quere recuperar a tradición do San Froilán de vestir o traxe galego o Domingo das Mozas. Para iso, o programa deste ano fai fincapé nese día cunha serie de actos pensados para animar tanto aos lugueses e luguesas como aos visitantes a saír á rúa co traxe tradicional. “Queremos encher no Domingo das Mozas as rúas de Lugo de persoas vestidas co traxe galego”, anunciou esta mañá o tenente alcalde e responsable de Cultura, Antón Bao.

A principal novidade é que este ano se celebrará en Lugo o I Concurso do Traxe Tradicional coincidindo co Domingo das Mozas, con premios para os mellores traxes galegos antigos e actuais, para agrupacións e para praxes infantís, e que todas aquelas persoas que veñan vestidas co traxe galego recibirán un agasallo e poderán levar para as súas casas unha foto de recordo, como se facía antes nas festas.

Antón Méndez Gándara, da Asociación Cántigas e Flores, que colabora na iniciativa, explicou que noutras dúas cidades galegas xa hai concursos deste tipo, concretamente en Vigo e en Santiago, e que Lugo se suma deste xeito á labor de recuperación do traxe tradicional. Méndez Gándara debullou as características do certame, que contará cunha exhibición e desfile pola mañá diante do Concello, a continuación a ofrenda a Rosalía e pola tarde o concurso propiamente dito e a entrega de premios.

Desenvolvemento do concurso

11.45 horas Recepción na Casa do Concello na Praza Maior de Lugo aos participantes no I Certame do Traxe Tradicional Galego San Froilán 2012.

12:00 horas Desfile de presentación dos participantes no I Certame do Traxe Tradicional Galego San Froilán 2012 na pasarela instalada diante da casa do Concello.

12:40 horas Saída da comitiva ata o parque de Rosalía de Castro onde terá lugar a tradicional Ofrenda a Rosalía.

13:00 horas Ofrenda a Rosalía a cargo da escritora Marica Campo.
16:30 horas Comezo da valoración por parte do xurado dos participantes no I Certame do Traxe Tradicional Galego San Froilán 2012 nos xardíns do Museo Provincial.

19:00 horas Entrega de premios do certame e desfile dos gañadores na Praza de Santa María.

Inscricións a través da web www.sanfroilan.info

O prazo para inscribirse no I Concurso do Traxe Tradicional está xa aberto. Toda a información necesaria para participar está dispoñible na web oficial das festas, www.sanfroilan.info. Poderán concorrer todas as persoas que o desexen, cubrindo a folla de solicitude que se facilitará na páxina web e enviándoa por correo electrónico ao enderezo culturaarrobaconcellodelugo.org antes do día 2 de outubro ás 24:00 horas.

Na folla de inscrición sinalarase: nome, apelidos e enderezo da persoa que mostre o traxe; se este é antigo ou de nova feitura; comarca de procedencia; época á que pertence; e as pezas que compoñen o traxe. Esta información deberá acompañarse de toda a documentación necesaria para a valoración do traxe por parte do xurado (fotografías, descricións, etc...) Non se admitirá traxe ningún que non veña suficientemente documentado, agás na modalidade de traxe infantil, na que só se esixirá que se respecten os canons da vestimenta tradicional. No apartado de nenos/as poderán participar concursantes de 0 a 14 anos.

Unha vez aceptada a inscrición enviaráselle a cada inscrito un número de participante, que é o que indicará a orde que ocupará no desfile e na presentación dos traxes diante do Xurado.

Premios
Establécense os seguintes premios:

PREMIO TRAXE ANTIGO COMPLETO


Homes: 300 EUROS e agasallo conmemorativo

Mulleres: 300 EUROS e agasallo conmemorativo

PREMIO TRAXE MODERNO


Homes:

Primeiro Premio: 200 EUROS e agasallo conmemorativo

Segundo Premio: 100 EUROS e agasallo conmemorativo

Mulleres:

Primeiro Premio: 200 EUROS e agasallo conmemorativo

Segundo Premio: 100 EUROS e agasallo conmemorativo

Nenos:

Primeiro Premio: agasallo conmemorativo

Nenas:

Primeiro Premio: agasallo conmemorativo

PREMIO ESPECIAL
de 400 EUROS para o grupo de máis de 10 persoas que se inscriban como asociación, grupo folclórico, etc., e do que ningún dos membros estea inscrito no certame de xeito individual.

PREMIO ESPECIAL DE 100 EUROS á mellor peza ou conxunto de pezas antigas que non compoñan un traxe completo. 

Toda a información sobre as festas do San Froilán en www.sanfroilan.info

 




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova