Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Bigott, Che Sudaka, La Casa Azul e Antonio Zambujo aportarán "variedade e actualidade" ao San Froilán 2012


# Venres, 21/09/2012
Todos os concertos das festas deste ano serán de balde

Imaxe Asociada Imaxe Asociada

O tenente alcalde e responsable de Cultura, Antón Bao, afirma que será “un San Froilán variado no que calquera cidadán vai atopar música do seu gusto”


Pouco a pouco o San Froilán 2012 vai completando o seu programa coa intención de que haxa música de todos os estilos e para todos os gustos. Así o destacou esta mañá o tenente alcalde e responsable de Cultura, o nacionalista Antón Bao, que presentou catro actuacións que aportarán “variedade e actualidade” a este San Froilán 2012, “no que cada cidadán vai atopar música ao seu gusto”. Son Bigott, Che Sudaka, La Casa Azul e António Zambujo, catro grupos destacados do panorama musical actual e de estilos ben variados.

O grupo zaragozano Bigott, que actuará o luns 8 na Praza de Santa María, “vai ser un dos grandes descubrimentos musicais deste San Froilán”, dixo Antón Bao, que destacou que o seu rock transgresor se está abrindo paso no panorama musical español. Bao comparou esta actuación con outras que houbo no San Froilán como a de Amaral ou El Canto del Loco e que ao pouco tempo eran números un no Estado español.

O xoves 11 estará na Horta do Seminario Che Sudaka, o grupo arxentino-colombiano afincado en Barcelona, nacido no Barrio Gótico e que nos seus 10 anos na música acumula preto de 1.000 concertos en 30 países. A súa é unha música divertida e comprometida que vai dende o ska ao folk mestizo.

O venres 12 actuará o cantautor portugués António Zambujo, unha nova figura de éxito no país veciño representante do novo fado portugués. Chega a Lugo procedente de Corea, onde ven de completar unha ampla xira internacional. O seu concerto será na Praza de Santa María. Ese mesmo día 12 pero na Horta do Seminario actuará La Casa Azul, un dos grupos de moda actualmente da música xuvenil, polo que é un concerto pensado para a xente máis moza.


ENLACES:

www.bigott.es

www.chesudaka.com

www.antoniozambujo.com

elefant.com/grupos/la-casa-azul


Toda a información sobre as festas do San Froilán en

www.sanfroilan.info




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova