Cargando....
Concello de Lugo
22/09/19
NOVAS
Escoita esta páxina

Diferentes concertos de música serán os protagonistas do 6º aniversario da Casa da Música


# Venres, 21/09/2012
Carmen Basadre tamén anunciou unha obra de teatro da compañía Carlos Borsani y El Gad que representará a obra Los desastres del dinero

Imaxe Asociada

A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Xuventude, Carmen Basadre, presentou esta mañá as actividades que se van realizar este sábado con motivo do 6º aniversario da Casa da Música.

Así, manifestou, que todas aquelas persoas que se acheguen á Praza Maior a partir das 18:00 horas poderán desfrutar dun concerto dos grupos de música tradicional Airiños e Sarabela Folk. A partir das 20:00 horas haberá un concerto dos grupos Ripper Ground, Arrytmia, e Disco Episcopal na propia Casa da Música.Todos eles forman parte do listado de grupos que se inscribiu na Casa da Música para realizar os ensaios e onde dispoñen de material necesario para compoñer os seus temas.

“Cada ano súmanse novos grupos á Casa da Música e dende a Concellería fomentamos esa presencia con obradoiros de diferentes instrumentos para que ademais das ganas tamén teñan os coñecementos necesarios” segundo explicou Carmen Basadre que tamén lembrou que a materia pendente é crear un estudo de gravación propio.

Obra de teatro
Carmen Basadre tamén anunciou que o próximo venres 28 de setembro, a compañía de teatro Carlos Borsani y El Gad representará a obra de teatro Los desastres del dinero orientada a un público xuvenil. O acto será no Auditorio Gustavo Freire ás 20:30 horas.

A comedia reúne unha sucesión de relatos cotiáns e actuais de carácter divertido e corte humorístico, baseados en textos e historias de clásicos contemporáneos: Mark Twain, Óscar Wilde, Jardiel Poncela, Mihura, Gómez de la Serna, Groucho Marx, Woody Allen, etc. Con ela búscase impulsar o pensamento crítico dos seus espectadores sobre un tema tan polémico como é o do diñeiro. A risa é a primeira reacción que provoca, e no humor radica o éxito que obtén nas súas representacións.

A responsable da área de Xuventude informou que os días previos os integrantes da compañía de teatro van realizar diferentes actos promocionais polos institutos da cidade, nas bibliotecas e nas rúas.

Coñeza os espazos xuvenís e a Casa da Música.



Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova