Imprimir

LÓPEZ OROZCO RECIBIU A VISITA DE REPRESENTANTES DA IGREXA EVANXÉLICA QUE ESTE FIN DE SEMANA SE REÚNEN NA CIDADE


21/9/2012  

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, recibiu a visita dun nutrido grupo de representantes da Igrexa Evanxélica, que este fin de semana celebran unha concentración xuvenil. Con motivo desta xuntanza, recollida baixo o nome de Implícate 2012, preto de 6.000 mozos e mozas de toda España pasaran este fin de semana en Lugo para dar a coñecer a súa visión da actualidade e a súa misión evanxélica. Desta maneira, estarán durante a fin de semana en diferentes prazas e rúas da cidade realizando actividades e ofrecendo información aos viandantes que se acheguen. O sábado ás 20:00 horas haberá unha exhibición de deportes e música no Pazo de Congresos e Feiras. Na reunión participaron, Jauma Llenas, Secretario Xeral da Alianza Española e Marcos Zapata, representante da Igrexa Evanxélica en Lugo.