Imprimir

ESTA SEMANA É A ÚLTIMA PARA RECOLLER OS VALES CANXEABLES POR MATERIAL ESCOLAR DE EDUCACIÓN INFANTIL QUE CONCEDE O CONCELLO


24/9/2012

O venres 28 de setembro remata o prazo para recoller os vales para libros dos solicitantes aos que se lles concedeu as bolsas escolares de axuda para material escolar para o curso 2012-2013 de Educación Infantil.

Os interesados en recoller o vale deberán acudir ás oficinas da Concellería de Educación situada no Centro de Convivencia Uxío Novoneyra 3º planta. Deberán presentar o DNI do solicitante e a certificación onde conste que o alumno ou alumna está matriculado para o curso 2012-2013 e a indicación do curso e centro docente.