Cargando....
Concello de Lugo
26/05/24
NOVAS
Escoita esta páxina

González Dopeso anunciou que no próximo pleno se aprobarán definitivamente os estatutos da empresa da auga


# Luns, 24/09/2012
Lino González manifestou que unha vez aprobados os estatutos comezarase co estudo das tarifas e co regulamento técnico

Imaxe Asociada

O Concelleiro de Medio Ambiente, Lino González Dopeso, anunciou esta mañá que se elevará a pleno, que se celebrará o próximo 1 de outubro, a aprobación definitiva dos estatutos e da memoria para a creación da empresa mixta da auga.

Lino González explicou que na actualidade estase nunha fase procedimental que afecta só aos estatutos ata que estes se aproben, momento no que se empezará a traballar nas propostas definitivas tanto das tarifas como do regulamento técnico do funcionamento da empresa mixta. Estes terán un desenvolvemento similar á aprobacións dos estatutos, na que primeiro se presentarán, haberá un tempo para presentar alegacións, e finalmente aprobaranse definitivamente nun pleno.

Na fase actual presentáronse alegacións por parte do Bloque Nacionalista Galego, e das que se aceptaron todas, e por parte do Partido Popular, aceptouse unha das seis que presentaron, xa que, “presentáronas a todas as partes e neste momento só se poden aceptar as que teñen que ver coa fase na que estamos que é a dos estatutos” segundo explicou González Dopeso.

O responsable da área de Medio Ambiente manifestou que “o grupo municipal do PP gústalle confundir ás persoas coas cifras que fai público xa que mestura datos que corresponden coa liquidación do presuposto, co presuposto e co plan de negocio de empresa, e que aínda que son similares non son o mesmo”. Neste sentido puxo como exemplo que “non son iguais peras, mazás e melocotóns, aínda que todos proceden dunha árbore e son froitas, pero non son o mesmo, e coa empresa mixta da auga ao PP pásalle o mesmo”. Neste sentido, tamén apuntou que o grupo municipal encabezado por Castiñeira, en ningún momento, explicou que modelo sería o que consideran máis axeitado nin cales son as súas alternativas.


Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova