Cargando....
Concello de Lugo
25/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo recibiu hoxe o Premio Nacional de Comercio Interior


# Luns, 24/09/2012
O Goberno de España recoñeceu con este galardón o labor do Concello en apoio ó pequeno comercio lucense

Imaxe Asociada Imaxe Asociada

O Concello de Lugo recibiu hoxe o Premio Nacional de Comercio Interior concedido polo Goberno de España en recoñecemento das actuacións que desenvolve o Goberno local en apoio do pequeno comercio e a pequena empresa lucenses.

A entrega do galardón que recoñece o labor do Concello de Lugo tivo lugar esta mañá, no Mercado de San Antón de Madrid, nun acto no que a Secretaría de Estado de Comercio, dependente do Ministerio de Economía e Competitividade, concedeu os Premios Nacionais de Comercio Interior.

Lugo recibiu o Premio Nacional de Comercio Interior na categoría de concellos. O premio correspondente a centros comerciais abertos foi para a Asociación de Comerciantes do Barrio das Letras de Madrid e o de pequeno comercio, para a empresa familiar madrileña Raza Nostra. Outras 14 entidades e empresas recibiron accésit e mencións especiais.

Entre as actuacións que se tiveron en conta á hora de concederlle este recoñecemento ó Concello de Lugo figuran as axudas a comerciantes e hostaleiros para a mellor dos seus establecementos e para a posta en marcha de novas actividades económicas no Casto histórico da nosa cidade.

Estas iniciativas, igual que outras medidas como a sinalización turística, a recuperación e posta en valor de restos arqueolóxicos ou a recuperación de espazos degradados inclúense no Plan Urban que conta con financiamento da Unión Europea, a través dos fondos FEDER.

O Concello de Lugo tamén recibiu este ano, en recoñecemento das actuacións desenvolvidas ó abeiro do Plan Urban, o Premio Internacional á Xestión de Gobernos seccionales do Mundo na categoría de ouro, organizado por Expomunicipal en Guayaquil (Ecuador) e foi felicitado pola Academia de Belas Artes de Galicia polos traballos de recuperación da piscina romana de Santa María.

www.lugo.es/urban

 




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova