Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo celebra este sábado con actividades o Día Europeo das Linguas


# Mércores, 26/09/2012
 

Imaxe Asociada Imaxe Asociada

A Concelleira de Educación, Formación e Orientación Laboral, Esther Muñoz, anunciou esta mañá que o Concello vai a celebrar o Día Europeo das Linguas con actividades que se van a levar a cabo este sábado 29 de setembro e organizados a través do centro de información europeo Europa Direct.

As actividades, que se levarán a cabo na Praza Maior, realizaranse en horario de 10:00 a 13:30 horas e de 17:00 a 20:00 horas. O público ao que se dirixen son nenos e nenas de entre 5 e 14 anos que, a través de diferentes talleres, achegaranse a outras linguas de Unión Europea.

As actividades, baixo o título "Xogamos coas linguas ", xirarán entorno á realización de cinco talleres participativos:

O primeiro deles denominado,¿Cres que sabes moito sobre outras linguas?, trátase dun concurso en liña sobre as linguas europeas e para elo disporán dun ordenador para a realización do xogo. O segundo dos talleres é o ¿Onde se fala cada lingua?, onde os nenos terán que realizar un puzzle de Europa e nel colocarán a lingua oficial do mesmo.

Outras linguas minoritarias pretende que os máis pequenos descubran linguas que contan con menor número de falantes ou que se concentran en zonas. Ademais haberá un mural para os máis pequenos e un taller de elaboración de chapas.

Esther Muñóz destacou que “con esta actividades agardamos fomentar a aprendizaxe e a importancia de coñecer outras linguas de cara a unha mellor formación dos nosos cidadáns, porque a lingua non só é cousa de nenos e nenas.” Europa posee un auténtico tesouro lingüístico xa que ás 23 linguas oficiais hai que sumar as máis de 60 comunidades territoriais ou minoritaras.

Dende o 26 de setembro de 2001, día que foi proclamado polo Consello de Europa co apoio da Unión Europea como o Día Europeo das Linguas, todos os anos e dende todas as institucións organízanse actividades para lembrar a importancia do aprendizaxe de outras linguas.

www.lugo.es/europedirect

 




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova