Imprimir

PUBLICADAS AS LISTAS DEFINITIVAS DE BOLSEIROS DO PROXECTO MURALLA DIXITAL


26/9/2012 32 bolseiros foron seleccionados para participar nos catro obradoiros deste proxecto que cofinancia a Unión Europea

A Concellería de Economía, Emprendemento e Autónomos, que dirixe Sonia Méndez, vén de dar a coñecer as listas definitivas dos 32 bolseiros seleccionados para participar nos catro obradoiros formativos do proxecto Muralla Dixital fixéronse públicas hoxe.

Este mércores publicouse a resolución pola cal se aproban as listas definitivas dos bolseiros seleccionados e de reservas para tomar parte nos obradoiros deste proxecto cofinanciado nun 75% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) no marco da segunda convocatoria do Programa de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal 2007-2013 (POCTEP).

Como anexo á devandita resolución, o Comité de Valoración Técnica fai públicos os resultados finais de todos os aspirantes.

Tanto a resolución como o anexo están expostos no taboleiro de Edictos do Concello de Lugo e tamén se poden consultar no sitio web institucional do Concello de Lugo www.lugo.es (proxecto Muralla Dixital) e no do propio proxecto www.muralladigital.eu.