Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Por primeira vez a XX Feira do Mel de Lugo terá lugar na Praza de Abastos


# Xoves, 27/09/2012
A celebración terá lugar o domingo 30 de setembro en horario ininterrompido de 10:00 a 19:00 horas

Imaxe Asociada

O Concello e a Deputación de Lugo apoian esta actividade que promoven ao sector primario da provincia e á propia Praza de Abastos


O Concello e a Deputación de Lugo, un ano máis apoian a celebración da XX Feira do Mel de Lugo, que se vai celebrar o próximo domingo 30 de setembro e que está organizada pola Asociación Provincial Lucense de Apicultores.

Na presentación do acto participaron o Concelleiro de Servizos Xerais, Francisco Fraga, a Deputada provincial de Medio Ambiente e Enerxías Renovables, Sonsoles López Izquierdo, e o presidente e secretario da Asociación Provincial Lucense de Apicultores, Antonio Mon e Pablo Piñeiro, respectivamente, que anunciaron que todas as persoas que queiran mercar ou desgustar mel poden achegarse en horario de 10 a 19 horas ininterrompidamente aos sotos da Praza de Abastos de Lugo.

Francisco Fraga salientou que “a nova situación da Feira vai proporcionar dous beneficios, por un lado a dinamización da mesma nun horario que non é o habitual, e en segundo lugar poder acoller a todos os produtores de mel que se achegan ao acto para vender os seus produtos”. Ata este ano, todos os produtores tiñan que participar nun sorteo para poder ter un stand xa que a demanda era máis ampla que a oferta, pero este ano, ao instalarse na Praza de Abastos vai haber espazo suficiente para acoller a todos os produtores que se acheguen. Así, este ano contará con 20 expositores nos que se poderán degustar e mercar diferentes tipos de mel que se obteñen en toda a provincia.

A Deputada provincial de Medio Ambiente e Enerxías Renovables, Sonsoles López Izquierdo, quixo destacar que este tipo de iniciativas "son oportunidades únicas para o sector da apicultura, que xera un volume de negocio na provincia de 4 millóns de euros ó ano coa venda dos 740.000 quilos de mel que se producen en Lugo, que representan preto do 35% do total producido en Galicia". Este datos, segundo López Izquierdo, amosan que "o medioambiente é a nosa oportunidade económica, porque os recursos naturais da provincia xeran riqueza produtiva e postos de traballos”, destacou a Deputada.

O pasado ano puxéronse a venda un total de 3.000 quilos de mel e agardase este volver a repetir a cifra de vendas. Os prezos do mel manteranse con respecto o pasado ano, cun prezo mínimo para un frasco dun quilo de 6,50 euros, e de 4 euros para o frasco de medio quilo.

Pola súa parte, Pablo Piñeiro, secretario da asociación, informou que este ano haberá moitas variades de mel “xa que este ano, a pesares da choiva, houbo unha gran recollida do produto e de moi boa calidade” tamén garantiu que toda a mel que se poña a venda pasa un controis hixiénicos e sanitarios.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova