Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A Federación Española de Tenis e o Concello de Lugo celebran este sábado o Foro sobre o Plan Estratéxico do Tenis


# Venres, 28/09/2012
Díaz Grandío tamén anunciou que a Copa do Mundo e a Copa de Europa ganadas pola selección española de fútbol serán expostas o día 2 no Concello

Imaxe Asociada

O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, xunto co presidente da Federación Española de Tenis, José Luis Escañuela, e o Presidente da Federación Galega de Tenis, José Antonio Pereiro, presentaron o Foro sobre o Plan Estratéxico do Tenis Español que se celebra mañá sábado no salón de plenos do Concello de Lugo dende as 16:15 horas.

Díaz Grandío agradeceu que “escolleran a nosa cidade para celebrar este foro no que participan persoas moi destacadas” e lembrou que o Concello traballa para o fomento deste deporte, sendo unha das últimas actuacións a construción dunha pista cuberta para que durante o inverno todas as persoas poidan practicar este deporte sen problemas. No Foro participarán en torno a 20 persoas clave na realidade do tenis español, e no que figuran técnicos, ex xogadores profesionais, directivos ou presidentes de federacións territoriais, que durante 90 minutos analizarán as diferentes realidades do tenis.

Pola súa parte, José Luis Escañuela, explicou que a xuntanza está organizada e será moderada polo Observatorio de Tenis Español e que ten como obxectivo o estudo da situación e do análise de dito deporte no que se tratara dende diversas perspectivas a evolución e as novas necesidades económicas que están xurdindo coa actual situación económica.

Copa do Mundo de Fútbol
Por outro lado, o Concelleiro de Deportes, tamén anunciou que o próximo martes 2 de outubro estará no salón de comisións do Concello de Lugo expostas a Copa do Mundo e a Copa de Europa, que ganou a selección española de fútbol neste último ano. Todas aquelas persoas que queiran poderán achegarse a ver os trofeos e facer unha foto dende as 10 ata as 20 horas en horario ininterrompido.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova