Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Os grupos de Lugo, estrelas do San Froilán


# Domingo, 30/09/2012
A Área de Cultura programa doce concertos de grupos lucenses

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada

A cidade conta cunha extraordinaria canteira de formacións de todos os estilos e tendencias musicais

As festas de San Froilán, que presumen de ser as máis populares de Galiza, son un importante escaparate para cantantes e grupos musicais. Precisamente, os concertos son unha das citas máis concorridas das patronais lucenses polo que os escenarios do San Froilán son unha plataforma de referencia para público e músicos. Por este motivo, un dos obxectivos que se fixou a Área de Cultura á hora de deseñar o programa de concertos destas festas foi o de darlle especial protagonismo aos grupos lucenses.

A cidade conta cunha extraordinaria canteira de músicos de gran calidade que, ademais, abranguen distintos estilos e tendencias musicais. Dada esta abundancia de formacións, a concellería deseñou un sistema de rotación para que cada ano varíen os grupos e todos teñan protagonismo nas festas. E por elo, este ano non repite ningún grupo do ano anterior; e proba da riqueza desta canteira musical lucense é que están programados ata doce concertos de grupos de Lugo.

Os tres escenarios do San Froilán acollerán os concertos de:

Irmandades do Falo......... 4 de outubro ás 20:30 horas no Campo Castelo
Kike Ganso...................... 5 de outubro ás 21:45 horas na Praza Horta do Seminario
Saltanocribo..................... 5 de outubro ás 20:15 horas na Praza de Santa María
Maldia.............................. 6 de outubro ás 21:45 horas na Praza Horta do Seminario
Jotinho´s..................... 7 de outubro (Domingo das Mozas) ás 21:45 no Campo Castelo Zootropa......................... 9 de outubro ás 20:00 horas na Praza de Santa María
David Prado.................... 11 de outubro ás 20:45 horas no Campo Castelo
Ripper Ground................. 11 de outubro ás 21:45 horas na Praza Horta do Seminario
Kimuru............................. 12 de outubro ás 21:45 horas na Praza Horta do Seminario
Clave de Fado.................. 12 de outubro ás 20:15 horas na Praza de Santa María
Amalgamic Alchemy.......... 12 de outubro ás 21:00 horas no Campo Castelo

Toda a información sobre as festas do San Froilán en
www.sanfroilan.info




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova