Cargando....
Concello de Lugo
16/09/19
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo celebra o Día Mundial dos Maiores cunha homenaxe ás persoas de 100 anos e aos matrimonios que celebran as vodas de ouro


# Luns, 01/10/2012
 

Imaxe Asociada Imaxe Asociada

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, a Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Xuventude, Carmen Basadre, presidiron o acto de celebración desta mañá para conmemorar o Día Mundial dos Maiores e que, como cada ano, homenaxea a aquelas persoas de máis de 100 anos e aos matrimonios que levan máis de 50 anos casados.

López Orozco destacou que “todos os nosos maiores deben ser homenaxeados todos os días pola contribución que realizan á nosa sociedade a través dos seus coñecementos e experiencia” ademais de lembrar que non todos poden “presumir de chegar aos 100 anos e, nos tempos nos que estamos, son poucas as parellas que poden celebrar os 50 anos de casados”. Posteriormente á entrega de detalles conmemorativos, o Orfeón Lucense interpretaron varias pezas do seu repertorio.

Os matrimonios homenaxeados que celebran as vodas de ouro foron:

María Paz Rodríguez Villar e Honorato Castro López.
Raquel Jacob Rodríguez e Manuel Prado Díaz.
Carmiña Rodríguez Álvarez e Victor López Vila.
Julia Serén Villaravid e Eusebio Sánchez Arias.
Eduardo García Serén y Aurora Vázquez Aldariz.

As persoas centenarias foron María Josefa Pichín Novo (103 anos), Anuncia Castedo Pillado (102 anos), e José Francisco Expósito Saa (103 anos). Tamén houbo un recoñecemento especial para Ricardo Lence, un xubilado que desinteresadamente ameniza co seu acordeón as festas e as reunións no centro de día Maruja Mallo.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova